Inicio Galicia A Xunta inicia as obras de mellora do asfaltado da PO-223 ao...

A Xunta inicia as obras de mellora do asfaltado da PO-223 ao seu paso pola parroquia de Lérez en Pontevedra

0

O delegado territorial en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, asegurou que os traballos contan cun orzamento de 48.400 euros


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís comprobou esta mañá o inicio das obras de reforzo do firme na estrada PO-223 ao seu paso pola parroquia de Lérez en Pontevedra. Na visita estivo acompañado polo xefe territorial de Infraestruturas e Mobilidade, José Luis Díez.

Os traballos, que contan cun orzamento de 48.400 euros, suporán o reforzo do firme localizado da PO-223, nos puntos quilométricos 0+250, na travesía de Pontevedra e 1+050, na travesía do Arco, con medidas destinadas a incrementar a seguridade dos peóns e a rehabilitación do firme.

O obxectivo da obra é o reforzo da sinalización e o balizamento nos pasos de peóns, mediante a colocación de sinais verticais luminosas e a través do estreitamento dos carrís antes dos pasos. Tal e como explicou Cores tourís, impedirase o aparcadoiro nos dez metros anteriores para garantir a súa visibilidade mediante a colocación de balizas. Tamén mellorarase a accesibilidade nos paos de peóns, especialmente no que enlaza co centro de saúde, e construirase dous pequenos tramos de senda para dar continuidade ao itinerario peonil na continuación do paso superior sobre a estrada nacional N-550, de 35 metros de lonxitude, así como no cruzamento coa rúa que sube cara ao centro de saúde, ao longo de 20 metros. Finalmente, estenderase microaglomerado no tramo e repintarase.

Leer más:  El BNG solicitará la comparecencia de Rueda por no permitir que Galicia tenga control sobre su presupuesto

Os traballos contan cun prazo de execución de dous meses, e non será necesario expropiar terreos, xa que todos son de dominio público da estrada. Segundo explicou o delegado territorial, esta actuación é un claro exemplo do esforzo da Xunta por manter a rede de estradas autonómicas nas mellores condicións e que está a desenvolver a través do Plan de reforzos de firme. Unha aposta do Goberno galego pola conservación das estradas de titularidade autonómicas e polo incremento da seguridade viaria, que ten o seu reflexo nos orzamentos de 2018, cun incremento moi importante na súa dotación, pasando de 15 a 20 millóns de euros.“Estes investimentos demostran que para a Xunta a seguridade das estradas e a súa conservación son materias absolutamente prioritarias”, engadiu Cores Tourís, “porque estamos a falar da vida das persoas e non hai nada por enriba diso. E, neste senso, para a Xunta de Galicia, ten tanta relevancia a execución de novas estradas como a conservación en bo estado das que existentes”. Explicou que a Consellería de Infraestruturas está a realizar tamén importantes esforzos tamén a través do Plan de Seguridade Viaria 2016-2020 e, máis concretamente, en materia de conservación de estradas, con actuacións que non só se limitan ás tarefas ordinarias de conservación, senón que ademais se complementan con este tipo de obras de conservación extraordinarias. En definitiva, concluíu, a Xunta segue a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

Leer más:  El Ayuntamiento de Santiago ha formado la comisión negociadora de su primer plan de igualdad, la cual está presidida por la alcaldesa

- Te recomendamos -