Inicio Galicia Conde confía en que a misión comercial a China sente un precedente...

Conde confía en que a misión comercial a China sente un precedente para a entrada de máis empresas galegas no mercado asiático

0

Asegura que a calidade, a excelencia da materia prima e o talento para innovar da industria galega é o mellor aval para conquistar novos mercados, e diso foi do que deixaron constancia as empresas que participaron na I Feira Internacional de Importación de Xangai, onde “Galicia tiña que estar presente”


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, amosou hoxe a súa confianza en que a misión comercial a China sentará un precedente para a entrada de máis empresas galegas no mercado asiático, ao tempo que axudará a consolidar a relación estratéxica que a multinacional Bright Food ten con Galicia. Así o manifestou nunha resposta parlamentaria para facer balance da última viaxe que realizou a Xangai acompañando a unha delegación de 14 empresas galegas do sector agroalimentario.

O conselleiro explicou que a calidade, a excelencia da materia prima e o talento para innovar da industria galega é o mellor aval para conquistar novos mercados, e diso foi do que deixaron constancia as empresas que participaron na I Feira Internacional de Importación de China onde, aseverou, “Galicia tiña que estar presente”.

Leer más:  Monterroso se mostró contento con la acogida de migrantes: "Hablas con ellos y te das cuenta de que solo quieren que les escuches"

Destacou, así, que estas calidades dos produtos galegos empezan a ser moi valoradas no mercado chinés, como proba o feito de que, en 2017 case o 20% das exportacións galegas a China foran do sector agroalimentario; ou que, no que vai de ano, de xaneiro a agosto, teñan rexistrado un incremento do 30,6%, superando o 25% do total das vendas que Galicia fai a ese país. Son, dixo, o que está a favorecer que a economía galega estea a vivir o seu mellor ciclo exportador, e que estes últimos cinco anos sexan os de maiores vendas ao exterior de toda a historia.

En palabras do conselleiro, poder participar, grazas á colaboración de Bright Food, nunha feira comercial de tanta relevancia internacional, foi o fito máis importante da última misión comercial que a Xunta encabezou a China, nun momento tan favorable en que, ademais, dixo, o país asiático busca abrir a súa economía, reducir os aranceis e aumentar as súas importacións.

Conde recoñeceu que esta segunda misión comercial a China, desde a que realizou o presidente en xuño do pasado ano, foi unha oportunidade excepcional para que as empresas galegas poidan seguir abríndose paso no mercado chinés e posicionando a Marca Galicia e o selo Galicia Calidade fóra das nosas fronteiras.

Leer más:  Localizan el cuerpo sin vida de un hombre de 78 años dentro de una cuba de vino en Portas (Pontevedra)

Axenda de contactosNeste sentido, asegurou que neste tipo de viaxes, a Xunta contribúe desde o plano institucional cunha axenda paralela para establecer acordos que axuden a estreitar as relacións comerciais entre ambos os dous países. Neste caso, con reunións como a que o conselleiro mantivo co vicealcalde de Xangai para afianzar lazos económicos e culturais en torno ao Camiño de Santiago. Tamén adoptando acordos como o memorando asinado coa Cámara de Comercio para a Importación e Exportación de Maquinaria e Produtos Electrónicos, que converte Galicia na primeira comunidade en asinar un convenio destas características con China. Ou con xuntanzas como a que celebrou co equipo directivo de Bright Food, a quen lle agradeceu o seu apoio para que Galicia participara na Feira de Importación de Xangai; unha mostra de confianza na industria agroalimentaria galega, apuntou.

Conde concluíu asegurando que a Xunta vai seguir promovendo novas misións comerciais para impulsar a internacionalización da industria galega e posicionar os seus produtos en mercados prioritarios como China. 


- Te recomendamos -