Inicio Galicia A Xunta cede material de emerxencias ás agrupacións de voluntarios de protección...

A Xunta cede material de emerxencias ás agrupacións de voluntarios de protección civil de 7 concellos ourensáns

0

Na provincia repartiranse 4 vehículos pick-up todoterreos e 3 remolques dotados con material para ás emerxencias cuxo investimento ascende a 189.000 euros

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución de cesión de equipamentos para ás emerxencias aos concellos de menos de 50.000 habitantes que teñen agrupación de voluntarios de Protección Civil (AVPC).

Na provincia de Ourense 7 concellos resultaron adxudicatarios dun equipamento cuxo investimento ascende a máis de 189.000 euros, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

En concreto, na provincia ourensá repartiranse 4 vehículos pick-up todoterreos, entre os concellos de Amoeiro, O Bolo, Carballeda de Avia e Xunqueira de Ambía; e 3 remolques dotados con materiais para a atención ás emerxencias nos concellos de Allariz, Os Blancos e Chandrexa de Queixa.

A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, vén de colaborar nos últimos anos cos concellos galegos en materia de protección civil e emerxencias distribuíndo distinto material e equipamento para a súa utilización polas agrupacións e os servizos de emerxencia municipal.  


- Te recomendamos -