Inicio Galicia Miranda lembra durante a inauguración da exposición ?Manuel Aris, cinema na emigración?...

Miranda lembra durante a inauguración da exposición ?Manuel Aris, cinema na emigración? en Montevideo o traballo invisible e solidario de milleiros de galegos nos seus países de destino

0

O secretario xeral da Emigración estivo acompañado no acto por familiares do cineasta, aos que agradeceu o labor do poiense, e polo autor da mostra, Xan Leira


“Me dijeron que yo nací el día veintiséis de septiembre de mil novecientos veinte en San Salvador de Poio (Pontevedra), a las once de la noche, en la aldea llamada Lourido, en la casa de mis abuelos apternos Manuel Torres Núñez y Ángela Castiñeira, que ya había fallecido; mi madre Jesusa Torres Castiñeira; mi padre José Aris Lois, de profesión mariñeiro”. Así comeza a exposición Manuel Aris, no cinema da emigración, que vén de inaugurar o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, no Patronato de Cultura de Montevideo. A través de 14 paneis, a mostra, que toma o seu nome do documental que lembra a figura de quen foi considerado o principal cineasta da emigración española, e moi especialmente a galega, no Uruguai, revisa os diferentes aspectos do emigrante pontevedrés. O director Xan Leira recopilou durante varios meses os datos máis persoais e a traxectoria profesional dun poiense que, sendo torneiro de oficio, fixo da súa vocación, o cine, o seu maior legado, e os completou con testemuñas do propio Aris e dalgúns dos seus familiares e amigos máis achegados. Acompañado pola filla do cineasta, Cecilia Aris, polo autor da exhibición e polo delegado da Xunta no Uruguai, Alejandro López Dobarro, o titutar galego de Emigración salientou “o traballo, moitas veces invisible, de milleiros de galegos que desde os seus países de destino empregaron os seus recursos persoais e horas de sono en axudar aos seus compatriotas de xeitos que agora nos custa imaxinar. Manuel Aris fíxoo a través dos seus filmes e do seu popular e eterno programa de radio Por los caminos de España, pero hai outros moitos galegos anónimos que, malia que nunca terán a posibilidade de figurar nunha mostra nin nun documental, están presentes en cada pequena historia que descubrimos cada día. Historias que, como a deste pontevedrés, marcaron a diferenza”.

Un “cinema de correspondencia” O secretario xeral da Emigración quixo aproveitar a ocasión para agradecer, a través da súa filla, o labor impagable que realizou Aris de reflectir a realidade da emigración galega no Uruguai e, ao mesmo tempo, preservar os lazos que unían aos milleiros de emigrantes galegos que se afincaron no país á súa Galicia natal a través das súas películas. Delas aseguran os expertos que “polas su?as caracteri?sticas formais e o pu?blico ao que estaba dirixidas, pode?molas definir como un “cinema de correspondencia”. Manuel transmiti?a dunha beira a outra do Atla?ntico unha mensaxe visual e emocional onde o emigrante do Ri?o da Prata podi?a ver a su?a terra, a su?a paisaxe e incluso a su?a familia. Iso, pensado a mediados do se?culo XX, era un feno?meno de comunicacio?n extraodinario para milleiros de persoas que pensaban que nunca ma?is i?an voltar ou ver a su?a terra. Moito menos, ter a sorte de ver na pantalla a su?a familia”.“Saborea Galicia” pon fin á axenda oficial Previamente, Miranda mantivo un encontro cos membros do Consejo de Residentes Españoles (CRE) do Uruguai, con quen falou, entre outros temas, sobre as cuestións relativas á necesaria reforma para eliminar o voto rogado para os españois do exterior, e a modificación da lei de nacionalidade para eliminar as situacións de agravio comparativo xeradas pola Lei da Memoria Históricas, ámbalas dúas en tramitación nas Cortes Xerais.

O titular do departamento de Emigración da Xunta de Galicia porá fin, pola súa banda, este mediodía á súa visita ao Uruguai, a terceira deste ano, coa inauguración de Saborea Galicia, unha proposta da Secretaría Xeral de Emigración en colaboración coa Consellería de Mar, a Consellería do Medio Rural, a Fundación Pública Artesanía de Galicia, a Axencia Galega de Turismo e o IGAPE, á que asistiron o ministro de Trabajo y Seguridad Social do Uruguai, Ernesto Murro e o director xeral do Instituto Nacional de Empleo y Formación Profesional (INEFOP) Eduardo Pereyra, e que ten como obxecto a promoción de produtos alimentarios de orixe galega, nos ámbitos relacionados co empresariado galego no exterior.

O pontevedrés Jorge Gago, chef do restaurante A Maceta de Santiago de Compostela e Premio Cociñeiro Novo 2017 do Fórum Gastronómico, é o encargado de levar a cabo un total de catro showcookings dirixidos a profesionais do sector, tanto nos eidos da restauración como da comunicación, distribución e outros, nos que empregará produtos da terra e o mar galegos, cuxas propiedades e usos exporá ante os asistentes. Unha vez rematada a parte estritamente gastronómica, o restaurante García, un dos grandes referentes gastronómicos do país e propiedade dun emigrante galego, ubicado no barrio de Punta Carretas, converterase nun espazo no que os profesionais poidan achegar intereses comúns e posibles colaboracións futuras.  


- Te recomendamos -