A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a comunidade galega
Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo entre o 12 e o 18 de novembro un total de 118 inspeccións de control en 16 concellos galegos.
Por parte dos distintos Grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo nesta pasada semana realizáronse 44 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcohol/tabaco e drogas en menores de idade), nos concellos da Coruña, Ames, Baños de Molgas, Camariñas, Fisterra, Lalín, Lugo, Mazaricos, Monforte de Lemos, O Porriño, Ourense, Poio, Pontevedra, Santiago de Compostela, Silleda e Vigo.
Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron identificadas 30 persoas e inspeccionadas 118 zonas de ocio, locais e centros comerciais. Levantáronse tres actas de infracción: dous por consumo de alcohol e unha por venda de alcohol.
A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.
Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcohol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.
- Te recomendamos -