Inicio Galicia Miranda visita a Casa de Galicia de Uruguai, que estrea directiva e...

Miranda visita a Casa de Galicia de Uruguai, que estrea directiva e unha nova etapa co reto de darlle un novo pulo á entidade

0

O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro cos socios e cos responsables, encabezados polo seu presidente, Alberto Iglesias

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou esta mañá a Casa de Galicia de Uruguai, que vén de iniciar unha nova etapa de man do seu novo equipo directivo, encabezado por Alberto Iglesias, cuxo único propósito é dar un novo pulo á entidade e convertela nun elemento aglutinador do conxunto da comunidade galega en Montevideo. Un completo programa de actividades deseñado ao longo do ano para manter viva a galeguidade na capital uruguaia permitirá á entidade seguir medrando, tanto a nivel social, no que o Goberno galego mantén un convenio para a atención de persoas no ámbito sanitario, como noutros eidos, como o académico, no que a entidade mantén varios convenios con diversas institucións do país.

O Uruguai é o cuarto país do mundo con maior volume de galegos residentes no exterior, cun total de 41.114 galegos vivindo en territorio uruguaio, segundo os datos do INE a data 1 de xaneiro de 2018, os útimos oficiais, o que o converte nun dos principais destinatarios dos programas da Secretaría Xeral da Emigración.


- Te recomendamos -