Inicio Galicia Medio Ambiente e Leiro buscarán vías de colaboración para poñer en valor...

Medio Ambiente e Leiro buscarán vías de colaboración para poñer en valor o espazo natural de Pena Corneira

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantivo un encontro de traballo co alcalde de Leiro, Franscisco José Fernández Pérez, para coñecer as demandas deste municipio


A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Leiro, Franscisco José Fernández Pérez, comprometéronse a analizar e buscar vías de colaboración para establecer medidas que permitan poñer en valor o espazo natural de Pena Corneira, neste concello ourensán.

Esta foi unha das conclusións á que chegaron a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o rexedor municipal no decurso dunha reunión celebrada esta mañá en Santiago, para analizar as demandas e necesidades deste municipio.Ángeles Vázquez destacou que un dos retos do Goberno galego é conservar e mellorar o patrimonio natural da Comunidade galega, para que os cidadáns coñezan a riqueza do mesmo e poidan transmitir os valores que posúen os espazos naturais, co fin de fomentar a conservación dos mesmos.

Durante a reunión, o alcalde tamén lle presentou un proxecto de humanización da contorna do Campo da Feira do Concello, co que conseguir mellorar un espazo para o esparcementodos cidadáns e habilitar un lugar para a organización de eventos sociais e culturais. A conselleira indicoulle que lle dará traslado do mesmo á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo para o seu análise e determinar as posibilidades orzamentarias do departamento co fin de colaborar na súa execución.

Asemade, neste encontro de traballo, tamén abordaron a necesidade de buscar fórmulas para mellorar o servizo de recollida de residuos urbanos, de cara a convertelo nun sistema máis eficaz, que preste un maior servizo aos cidadáns e que fomente a separación dos residuos, co fin de minorar as taxas de produción de lixo e incrementar as cotas de reciclaxe.


- Te recomendamos -