Inicio Galicia Dous talleres sobre cor e dirección de fotografía centran o arranque este...

Dous talleres sobre cor e dirección de fotografía centran o arranque este mes da Master Class do Audiovisual Galego AuGAL

0

A Consellería de Cultura e Turismo e a Universidade de Vigo promoven esta iniciativa formativa, que desenvolverá a súa oitava edición do 26 de novembro ao 16 de abril na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra


A oitava edición de AuGAL, a Master Class do Audiovisual Galego, arrancará este mes de novembro con cadanseu obradoiro sobre cor e dirección de fotografía, que se desenvolverán na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra os vindeiros días 26 e 27, respectivamente. Estas serán as primeiras das oito sesións programadas ata mediados de abril no marco desta iniciativa formativa que promoven a Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e a Universidade de Vigo.

O calendario de actividades desta nova entrega de AuGAL foi presentado hoxe na Casa das Campás por Jacobo Sutil, director da Agadic; Manuel Morquecho, director da Área de Dinamización Cultural, Educativa e Integración do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo; e Paulino Pérez, coordinador da Master Class do Audiovisual Galego 2018-2019 xunto a Fortunato Rodríguez e a Miguel Anxo Fernández.

Leer más:  Un camionero fallece en la A-52 en Toén (Ourense) al ser arrollado después de descender del vehículo por un reventón en una de las ruedas

Na súa intervención, Jacobo Sutil destacou como principal novidade desta edición os catro talleres impartidos por profesionais do audiovisual galego, que veñen complementar o xa habitual programa arredor de recentes producións galegas de cinema e televisión, comentadas polos seus equipos: “Unha vez máis, o conxunto do programa de AuGAL confirma a súa forte aposta tanto polo noso audiovisual como polos profesionais que o fan posible, ao tempo que reflicte a puxanza dun sector que, para a Xunta de Galicia, é estratéxico”, sinalou.

Trece profesionais no programaTrece destacados profesionais en diferentes ámbitos do sector serán o encargados de achegarlle o seu oficio ao alumnado nas diferentes sesións incluídas no programa, que dará comezo o vindeiro luns 26 co obradoiro sobre cor a cargo de Fernando Alfonsín e Alfonso Merino, de Alfonsín Digital Lab. Seguiralle o que impartirá o martes 27 o director de fotografía Suso Bello. En ambos os casos o horario da actividade será de 12,00 a 14,00 e de 16,00 a 20,00 h.

Son e guión serán tamén obxecto de cadanseu taller no mes de marzo da man respectivamente de Miguel Barbosa, de Sound Troop, o día 11; e de Raúl García Pérez, director, guionista e profesor asociado na Facultade de Comunicación Audiovisual da Coruña, o día 25.

Leer más:  El Ayuntamiento de Santiago ha formado la comisión negociadora de su primer plan de igualdad, la cual está presidida por la alcaldesa

Como en anteriores edicións, a produción audiovisual galega centrará unha parte importante da actividade a través de tres sesións de presentación e coloquio arredor dos títulos proxectados. Entre eles, as tres fitas que se exhibirán o 12 de decembro baixo o epígrafe Curtas desde a Uvigo. Documental e ficción: A meca dos cines, de Dunia Alvarez Prieto; La mujer invisible, de Noemi Chantada; e Brotes, de Jorge Fernández.

La sombra de la ley e A estación violentaXa en febreiro, será a quenda para dúas longametraxes de ficción, ambas producidas co apoio da Agadic a través do seu programa anual de subvencións ao sector. Neste caso as citas serán o día 5 con La sombra de la ley, presentada e comentada polo seu director, Dani de la Torre, e pola produtora Emma Lustres, de Vaca Films; e o día 12 con A estación violenta, para a que se contará coa súa directora, Anxos Fazáns, e o seu produtor, Dani Froiz.

A oitava edición da Master Class do Audiovisual Galego chegará ao seu fin o 16 de abril coa conferencia Como se comercializa un produto audiovisual?, impartida por Elena Mera, de Treeline Distribution, á que seguirá o acto de entrega dos diplomas de asistencia que lles outorgará a Agadic aos participantes. O programa de AuGAL está dirixido tanto a estudantes como a profesionais do sector. A matrícula é gratuíta e debe formalizarse enviando ao correo electrónico audiovisual.agadic@xunta.gal o formulario de inscrición que pode descargarse na web da Agadic. As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición.

Leer más:  La Xunta ofrece en este curso más de 132.000 plazas en su programa de formación de docentes, un aumento del 7,5%

- Te recomendamos -