Inicio Galicia A Xunta pon en marcha de maneira pioneira en España o servizo...

A Xunta pon en marcha de maneira pioneira en España o servizo de quenda de garda psicolóxica para as mulleres vítimas de violencia de xénero e os seus fillos e fillas menores

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella asinou hoxe o convenio de colaboración coa decana do Colexio Oficial de Psicoloxía, Rosa Álvarez


A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e a decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Rosa Álvarez asinaron o convenio de colaboración para poñer en marcha, de maneira pioneira en España, un servizo de garda psicolóxica especializada e permanente para as mulleres que sofren violencia de xénero e os seus fillos e fillas menores de idade.

A secretaria xeral da Igualdade explicou que a atención psicolóxica terá carácter inmediato e prestarase a requirimento das forzas e corpos de seguridade en todos os partidos xudiciais galegos. O procedemento de activación comezará cunha chamada ao Teléfono de Información ás Mulleres, 900 400 273, operativo as 24 horas dos 365 días do ano, que á súa vez porase en contacto coa persoa da quenda de garda correspondente para garantir a presenza inmediata dunha psicóloga ou psicólogo no lugar sinalado polas forzas e corpos de seguridade.

Leer más:  Incautan 104 litros de licor sin etiquetar escondidos en bidones de plástico en un bar de Santa Comba (A Coruña)

O servizo de quenda de garda psicolóxica especializada e permanente para mulleres e os seus fillos e fillas menores que sofren violencia de xénero ten como obxectivo, detectar as necesidades psicolóxicas da persoa en situación de violencia de xénero e facilitar a súa cobertura, previr a posibilidade de vitimización secundaria, buscar a coordinación co resto de operadores que estean a intervir na situación concreta e facilitarlle información sobre os recursos e itinerarios de axuda a disposición das vítimas de violencia de xénero na nosa comunidade.

Susana López Abella indicou que esta é unha das medidas que a Xunta vai desenvolver ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, tal e como adiantara o vicepresidente da Xunta na presentación dos orzamentos do seu departamento para o ano que vén. O convenio hoxe contempla unha das medidas aprobadas no Pacto de Estado, como é a necesidade de establecer un sistema de acompañamento e de axuda na toma de decisións á mulleres vítimas da violencia de xénero, co fin de evitar a súa desprotección e garantir o dereito á asistencia social integral.

Leer más:  Un camionero fallece en la A-52 en Toén (Ourense) al ser arrollado después de descender del vehículo por un reventón en una de las ruedas

- Te recomendamos -