Inicio Galicia O Faro de Corrubedo reforza o seu atractivo turístico tras as melloras...

O Faro de Corrubedo reforza o seu atractivo turístico tras as melloras de accesibilidade impulsadas

0

O proxecto, de 45.000 euros, foi un dos beneficiarios das axudas do departamento de Román Rodríguez que este ano obtiveron preto de 160 entidades locais, entre concellos, consorcios e mancomunidades


Ribeira (A Coruña), 19 de novembro de 2018.- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou hoxe o resultado dos traballos de mellora da accesibilidade ao Faro de Corrubedo, que foron posibles grazas a unha subvención concedida pola Consellería de Cultura e Turismo ao Concello de Ribeira dentro da liña de axudas para o fomento da accesibilidade e sinalización turística nos recursos dos concellos galegos.

Os traballos -para os que a Xunta achegou 45.000 euros- permitiron reforzar o atractivo turístico do faro ao mellorar os accesos desde Portoalto ampliándose a beirarrúa actual e mudando o pavimento para facilitar o acceso peonil de veciños e turistas, ao mesmo tempo que se fomenta a conservación deste valioso recurso do municipio.

Na visita, Nava Castro puxo en valor a importancia destas actuacións que demostran o compromiso da Xunta por traballar da man coas administracións e entidades locais, a través de numerosas liñas de axudas que se convocan anualmente por parte da Consellería, a través da Axencia de Turismo de Galicia. “Estamos conseguindo que Galicia sexa cada día máis un destino diversificado con atractivos repartidos por toda a xeografía en boa medida grazas a axudas como a que permitiu melloras no Faro de Corrubedo” explicou Nava Castro.

Leer más:  El BNG reclama al Gobierno central que renueve y amplíe el parque móvil ferroviario de Galicia

Con máis de 2,8 millóns de euros, esta liña de axudas beneficiou en 2018 a máis de 100 entidades locais, entre concellos, consorcios ou mancomunidades. Engádense preto de 60 convenios asinados con outros tantos concellos con máis de 1,2 millóns de euros, para fomentar a accesibilidade e sinalización dos seus recursos. Esta colaboración enmárcase no traballo da Xunta por desestacionalizar a demanda turística, a especialización da oferta e a diversificación de fluxos, tres dos principais obxectivos da Estratexia do Turismo de Galicia 2020, que propón un turismo responsable, baseado na calidade e a autenticidade.

Recurso de gran valorEsta posta en valor do Faro de Corrubedo engádese a diferentes iniciativas impulsadas pola Xunta que teñen moi en conta este tipo de recursos. Está presente en experiencias como a Ruta dos Faros, un produto que ofrece a posibilidade de coñecer toda a costa de Galicia, desde Ribadeo ata A Guarda, a través de faros como o de Corrubedo poñendo en valor a importancia do turismo mariñeiro.

O concello de Ribeira tamén forma parte das propostas de turismo activo nos seis Parques Naturais de Galicia impulsadas pola Xunta que, no caso das Dunas de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, inclúen actividades como unha travesía interpretativa en barco, saída ao parque con guía ornitolóxico ou unha ruta de paddleboard, en todos os casos con aloxamento en casa rural incluída. Amais, forma parte dunha das 25 rutas inéditas integradas no produto presentado este mesmo ano, Escenarios ao Volante, que inclúe itinerarios en máis de 100 concellos galegos que suman máis de 900 km a través de estradas secundarias e locais.

Leer más:  El Gobierno central defenderá en el Tribunal de Justicia de la Unión Europea la normativa estatal para la aprobación de proyectos eólicos, según la Xunta

Como un dos concellos incluídos no xeodestino Arousa Norte, a Consellería de Cultura tamén está a colaborar co concello de Ribeira, ao abeiro cun convenio asinado con este xeodestino. Con este impulso estase a promover o turismo náutico, especialmente levando este destino ás feiras náuticas especializadas; tamén se está a impulsar o seu potencial enogastronómico e facilítase o traballo deste xeodestino pola promoción da traslatio para realizar presentacións desta ruta marítimo fluvial a axentes especializados, empresas de servizos e bloggers e xornalistas especializados. 


- Te recomendamos -