Inicio Galicia A Xunta convoca o 20 de decembro os titulares dos terreos afectados...

A Xunta convoca o 20 de decembro os titulares dos terreos afectados pola construción da senda peonil entre Vilaseca e Lapamán, en Marín, para o pago de depósitos previos

0

Os propietarios dos terreos deberán achegarse o citado día á Casa Consistorial de Marín, no horario comprendido entre as 10.20 e as 14 horas

A Xunta publica hoxe no BOP o anuncio polo que convoca o vindeiro 20 de decembro os titulares dos terreos afectados pola construción da senda peonil entre Vilaseca e Lapamán, en Marín, para o pago de depósitos previos.

Os propietarios dos terreos deberán achegarse o citado día á Casa Consistorial de Marín, no horario comprendido entre as 10.20 e as 14 horas.

Esta actuación, que conta cun orzamento de máis de 740.000 euros e case 17.000 euros para as expropiacións, será executada pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, co cofinanciamento do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

Trátase dunha senda para o uso de peóns e ciclistas non deportivos na marxe dereita da estrada PO-551, entre o Pq. 6+260 e o límite municipal co Concello de Bueu, na parroquia de Ardán. O itinerario terá aproximadamente 1.450 m de lonxitude e proxéctase en formigón coloreado cun ancho tipo de 2 m, aínda que nalgún punto será lixeiramente menor pola presenza de edificacións próximas á calzada.

Leer más:  Incautan 104 litros de licor sin etiquetar escondidos en bidones de plástico en un bar de Santa Comba (A Coruña)

Entre os puntos quilométricos 6+918 e 6+953 a estrada cruza un pequeno rego, polo que neste tramo proxéctase unha pasarela de madeira adosada ao pontón existente para garantir a continuidade do itinerario peonil. Prevense ademais actuacións complementarias coma a instalación dun colector para canalización das augas de drenaxe e a execución de muros de contención en 8 treitos para o sostemento dos noiros e para reducir as afeccións.

Na zona final do proxecto, nas proximidades da praia de Lapamán, habilitarase unha banda de aparcadoiro en liña, paralelo á estrada, con aproximadamente 35 prazas.

Esta actuación está enmarcada no Plan de Sendas de Galicia, que na comarca do Morrazo prevé a construción de 8 sendas, sostibles, seguras e integradas na paisaxe, sendo Marín un municipio no que se executarán 4 itinerarios cun investimento de arredor de 1,8 M€.

Estas obras foron coordinadas coas previstas para a mellora de seguridade viaria no entorno do treito de concentración de accidentes na estrada PO-551.


- Te recomendamos -