O delegado territorial, Ovidio Rodeiro, destacou que se celebrarán dous cursos nos que a Consellería de Economía, Emprego e Industria investirá 361.000 euros
A Xunta de Galicia realizará dous programas integrados de emprego na Coruña e Arteixo para mellorar a formación das persoas desempregadas e para darlle máis opcións para atopar un emprego a través de actuacións que buscan a especialización grazas á posibilidade de combinar orientación e asesoramento con formación e prácticas.
Estes dous programas permitirán formar a 200 desempregados dos cales cando menos, un 35% lograrán insertarse no mercado laboral. Estes dous cursos suporán unha inversión na comarca de 361.000 euros.
No conxunto da provincia a Xunta vai desenvolver, nesta nova convocatoria, un total de nove programas integrados grazas a un investimento que supera os 1,7 millóns e chegarán a 900 desempregados. Así, coa participación de 20 concellos a Xunta sigue potenciando a colaboración con concellos e entidades para dar novas oportunidades laborais á cidadanía.
Ovidio Rodeiro apuntou que “unha das apostas máis importantes da Consellería de Economía, Emprego e Industria son os programas formativos que, cada vez máis, están orientados a cubrir as demandas reais das empresas das contornas o que permite unha posterior integración laboral máis alta”. Ademais, engadiu que “outra das apostas importantes é complementar a formación cun prácticas en empresas para garantir unha inserción real e duradera no tempo”.
Entre os programas máis importantes da Xunta, que se desenvolven na contorna de Santiago, destacan os cursos do Plan Galego de Formación 2018-2019 (AFD), os Obradoiros de Emprego e os Programas Integrados de Emprego que nesta comarca suman un total de 6,1 millóns de investimento para formar a 1.565 persoas.
Unhas actuacións que están contribuíndo á hora de consolidar a recuperación no terreo laboral, e que fan posible que Galicia conte cunha taxa de paro do 12,24%, o que supón 2,25 puntos menos que hai un ano. Para seguir avanzando neste camiño, o ano que vén a Consellería de Economía, Emprego e Industria destinará 145 millóns de euros á formación e orientación.
- Te recomendamos -