O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo coa tenente de alcalde de Santiago de Compostela, María Rozas, e varios representantes do goberno municipal.
O encontro serviu para analizar a situación dos servizos de emerxencias e seguridade da capital galega. Tanto a Administración autonómica como a local coincidiron, ademais, na necesidade de traballar conxuntamente para que o Estado permita a comarcalización do parque de bombeiros, autorizando o incremento do cadro de persoal. Do mesmo xeito, tamén houbo coincidencia plena na necesidade de completar os cadros de persoal das policías locais.
- Te recomendamos -