Inicio Galicia A Xunta inicia as obras de mellora da intersección entre a PO-399...

A Xunta inicia as obras de mellora da intersección entre a PO-399 e os ramais de saída e entrada á PO-510 no Concello de Salvaterra

0

A intervención do Goberno autonómico nesta estrada conta cun investimento de 40.000 euros e un prazo de execución estimado de 2 meses


A Xunta vén de iniciar as obras de mellora da intersección da PO-510 e PO-399 no Concello de Salvaterra, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria nesta zona. Así o comprobou hoxe o delegado territorial, Ignacio López-Chaves, quen se desprazou hoxe ata o municipio pontevedrés para comprobar de primeira man o inicio dos traballos.

Na visita, na que estivo acompañado polo alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, e o xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, José Luis Díez, López-Chaves sinalou que os orzamentos autonómicos para 2019 incrementan nun 29% os fondos destinados a actuacións de mellora na seguridade viaria. En canto á intervención programada na intersección existente entre a PO-339 (pq 1+70) e os ramais de saída e entrada á PO-510 (pq 9+600), en Souto-Grubenla, contemplan a execución dunha glorieta coa finalidade de ordenar os movementos de tráfico no cruce.

Asemade, ampliarase a lonxitude das cuñas de saída e incorporación á PO-510 para mellorar a seguridade nestas manobras.

Leer más:  El Ayuntamiento de Santiago ha formado la comisión negociadora de su primer plan de igualdad, la cual está presidida por la alcaldesa

- Te recomendamos -