Inicio Galicia A Xunta destaca que a segunda xornada técnica sobre Porco Celta ?serve...

A Xunta destaca que a segunda xornada técnica sobre Porco Celta ?serve de escaparate para sumar novos produtores que aposten por esta raza autóctona?

0

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, participou na presentación desta cita, organizada por Asoporcel, que se terá lugar o 24 de novembro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo


O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou no acto de presentación da segunda Xornada Técnica Monográfica do Porco Celta en Galicia, que terá lugar o día 24 de novembro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. A cita está organizada por Asoporcel, a asociación de criadores desta raza autóctona.

O delegado defendeu que este tipo de xornadas serve de escaparate para sumar novos produtores que aposten por esta raza, tal o como o están a facer cos aproveitamentos en extensivo en múltiples puntos da nosa provincia, con gran incidencia en municipios como os de Friol, Sarria, A Fonsagrada e O Incio.

Balseiro, quixo poñer en valor o esforzo dos profesionais da gandaría que nos últimos anos están traballando na recuperación, conservación e fomento desta especie e salientou que se trata dunha aposta por un produto cárnico de gran calidade, cada vez máis recoñecido e apreciado polos consumidores e, polo tanto, que achega valor engadido.

O delegado tamén citou, entre as vantaxes deste modo de produción, que fan compatible a vida saudable dos animais coa adecuada xestión dunha boa contorna natural, pois garanten soutos e montes limpos e ben coidados e axudan a previr os incendios forestais.

Finalmente, o delegado lembrou que a Consellería do Medio Rural vén colaborando con Asoporcel a través dun convenio plurianual dotado con 340.000 euros, aos que hai que engadir as axudas que recibe anualmente a devandita asociación dentro da liña de achegas para o fomento das razas autóctonas en perigo de extinción, e polas que neste 2018 lles corresponden 20.000 euros a maiores. Tamén existen axudas directas ao produtores a través do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia. 


- Te recomendamos -