A actuación permitirá a reordenación da rede viaria da vila, sendo necesaria para que a central térmica cumpra coas exixencias europeas sobre emisións
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar hoxe as obras de construción da nova circunvalación das Pontes de García Rodríguez.
Esta actuación prevé a reordenación do sistema viario do núcleo desta localidade coruñesa, necesaria para que a central térmica de Endesa se adapte e cumpra coas exixencias da Unión Europa sobre emisións industriais.
As obras foron adxudicadas a Lancer Proyectos y Obras, S.
A.
E, prevéndose iniciar as mesmas a principio do 2019.
A intervención ten por obxecto acometer a reordenación do sistema viario neste municipio coruñés, executando un novo vial de acceso ao núcleo que sirva como circunvalación ao casco urbano das Pontes de García Rodríguez, separando a área industrial da residencial, e mantendo ao mesmo tempo a conexión existente coa Autovía Ferrol – Vilalba (AG-64).
A nova estrada servirá de alternativa á actual AC-861, terá 985 m de lonxitude, e comunicará a AC-101 coa rúa Alcalde José Vilaboy Pajón.
O vial contará con 3 glorietas, unha en cada extremo e outra intermedia como intersección coa rúa Areosa e a rúa de Acceso á Fábrica. Ademais, reordenarase outra intersección existente coa AC-101.
A actuación compleméntase cunha rede de sendas de mais de 2,4 km de lonxitude para facilitar a mobilidade peonil e ciclista, que se executará en paralelo ao novo vial e, tamén, en paralelo ao río Eume, polas dúas marxes do río, para conectar o novo vial e a AC-101 coas instalacións de Endesa.
Nesta intervención se inclúe ademais, a construción dun aparcadoiro disuasorio no entorno da Casa da Enerxía, na Avenida Alcalde Vilaboy, a remodelación do tramo inicial das rúas Areosa e Irmáns Tojeiro, e a reordenación da sección da ponte sobre o Eume da AC-861 (vía que quedará como entrada exclusiva á central térmica) para dar cabida á senda.
A adaptación da Central térmica de carbón á Directiva 2017/75/UE permitirá prolongar la vida útil da instalación e manter a actividade máis alá do ano 2020.
O custe desta actuación será asumido na súa totalidade por Endesa Generación S.
A., correspondendo á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade supervisar o trazado e a contratación das obras.
- Te recomendamos -