Inicio Galicia A Xunta está a traballar coas familias para buscar unha solución aos...

A Xunta está a traballar coas familias para buscar unha solución aos usuarios da residencia Valle Inclán de Vilanova

0

O delegado territorial en Pontevedra recordou que existe unha sentencia xudicial que avala a clausura do centro e que a administración autonómica debe cumprir

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís lembrou que a Xunta está a traballar coas familias dos usuarios da residencia Valle Inclán de Vilanova de Arousa co obxectivo de buscarlles unha solución, toda vez que o cese da actividade deste centro foi xa decretado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia trala desestimación dos recursos da empresa responsable do mesmo.

Cores Tourís explicou que non é sinxelo buscar unha nova residencia para os usuarios e que levará o seu tempo. “O peche definitivo é unha realidade e agora estamos tratando de resolver o problema das familias, que levará uns días para que se rematen as valoracións destas persoas”.

O delegado territorial insistiu no feito de que “hai unha sentencia e a administración autonómica ten que acatala e cumprila. Para nós é esencial darlle unha solución a estes usuarios e as súas familias, e niso estamos a traballar. Algúns son autónomos e as súas familias quizás queiran que volvan a casa, e outros buscarán unha nova residencia. Nós lles imos dar todas as opcións posibles, xa que temos constancia de que hai prazas suficientes para autónomos en outras residencias privadas coma ista por toda Galicia. Para os dependentes, a Xunta está a buscar prazas en residencias públicas”.

Leer más:  Los habitantes de Monterroso (Lugo), un pueblo con solo 3.600 habitantes, se muestran "felices" con la llegada de 126 migrantes de Mali

Situación da residenciaRecordar que o 26 de outubro rematou o prazo establecido para que a Residencia Valle Inclán pechase as súas portas. Finalizou así o proceso de inspección seguido pola Xunta de Galicia, que respectou todos os procedementos máis garantistas, tal e como certifican todos os autos xudiciais sobre o asunto. Ese mesmo día, o Goberno galego informou á Fiscalía da resolución de peche, así como das irregularidades detectadas pola inspección.

O día 2 de novembro notificóuselle o centro o seu peche e, ao longo dos días seguintes, a Xunta púxose en contacto coas familias para informarlles de todas as alternativas residenciais existentes para atender as persoas maiores que residen nela.

Este mesmo luns, día 12, a Xunta recibiu unha comunicación da Fiscalía da Comunidade Autónoma de Galicia conforme este órgano xa ordenou iniciar dilixencias de investigación penal e lle deu traslado do caso á Fiscalía Provincial de Pontevedra, que é competente para a materia. O Ministerio Fiscal asume o caso, coa información que lles facilitou a Administración autonómica, toda vez que a vía administrativa xa chegou ao seu fin. 

Leer más:  El Ayuntamiento de Santiago ha formado la comisión negociadora de su primer plan de igualdad, la cual está presidida por la alcaldesa

- Te recomendamos -