Inicio Galicia A Xunta inaugura a nova zona de escalada de Baleira como ?un...

A Xunta inaugura a nova zona de escalada de Baleira como ?un dos mellores lugares para a práctica deste deporte? que será olímpico en 2020

0

A nova zona de Penas de Vilarín conta con trinta vías de escalada clásica que alcanzan alturas que van desde os 50 aos 100 metros nunha contorna de gran beleza


A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, participou na mañá de hoxe nunha xornada de escalada para inaugurar a nova zona de Penas de Vilarín do concello lucense de Baleira que conta con trinta vías de escalada clásica que alcanzan alturas que van desde os 50 aos 100 metros nunha contorna de gran beleza. Cómpre lembrar que a escalada será deporte olímpico por vez primeira nos Xogos Olímpicos de Toquío 2020 nas tres disciplinas de competición: a velocidade, a dificultade e o bloque.

A secretaria xeral describiu a nova zona de escalada, impulsada por la Federación Galega de Montañismo en colaboración co Concello de Baleira-, como “un dos mellores lugares para a práctica deste tipo de escalada xunto con Faro Budiño, no concello de Porriño, e a Costa Ártabra, en Ferrol” .

Aos pés da zona de Penas de Vilarín atópase a Fraga da Marronda, unha zona de especial valor ecolóxico e paisaxístico, con bosque de haxas máis occidental do continente europeo e ademais conta coa peculiaridade de ser a única que existe en Galicia de roca cuarcita contando co factor favorable de que pola súa orientación permite a práctica da escalada clásica de autoprotección en calquera época do ano. A nova zona de escalada contará cunha guía do concello que incluirá bosquexos das vías e información de interese como gasolineiras ou locais de hostalería na contorna. Ademais, a zona compleméntase coa da Fontaneira, a só tres quilómetros e supón un aliciente máis para a dinamización económica e social da contorna.

Federación GalegaA Federación Galega de Montañismo conta a día de hoxe con máis de 5.000 persoas federadas que practican os deportes de alpinismo, escalada, sendeirismo, carreiras por montaña, barranquismo e marcha nórdica. A Xunta de Galicia, ao abeiro do convenio para a realización do programa de promoción e desenvolvemento da súa modalidade deportiva ao longo de 2018, concédelle á Federación un total de 19,937 euros, un 27% máis que no ano 2017.

Dentro das tarefas de promoción, divulgación e tecnificación dos deportes de montaña, a Federación ten desenvolvido 80 actividades das que 25 foron cursos formativos de seguridade e 2 foron eventos de carácter nacional como o primeiro campionato nacional de escalada en idade escolar, celebrado en Santiago do 7 ao 8 de xullo, ou o Campionato nacional de carreiras por montaña. 


- Te recomendamos -