Inicio Galicia A Xunta declara de interese galego á Fundación da Banda de Gaitas...

A Xunta declara de interese galego á Fundación da Banda de Gaitas da Provincia de Pontevedra

0

Ao longo da súa existencia, a agrupación actuou en numerosos países o que permitiu dar a coñecer a cultura galega máis aló das nosas fronteiras


O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a inscrición da Fundación Banda de Gaitas da Provincia de Pontevedra no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

A Banda de Gaitas naceu no ano 2001 e ofrece a posibilidade de coñecer, respectar e transmitir tanto a música como a tradición galega a través da gaita e a percusión. O seu variado repertorio recolle temas tradicionais e actuais, así como composicións doutros países e culturas. De feito, a agrupación actuou en numerosos eventos non só na nosa comunidade, senón en Italia, República Checa, México e Estados Unidos, entre outros, o que permitiu dar a coñecer a cultura galega máis aló das nosas fronteiras.

O Rexistro ten como finalidade ofrecer un sistema de garantía de publicidade material e formal das fundacións, mediante a inscrición do acto de constitución e de toda a secuencia de actos a través dos que se desenvolve a actividade fundacional, á vez que serve como instrumento de seguridade xurídica e canle de información da realidade fundacional galega.


- Te recomendamos -