A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella indicou que a Xornada está organizada pola Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella participou esta mañá na I Xornada de formación en promoción da igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero.
Susana López Abella indicou que a Xornada está organizada pola Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia- FADEMUR, que leva a cabo entre as asociacións que a compoñen diversas accións diversas relativas á promoción da igualdade e á prevención e loita contra da violencia de xénero.
A titular de Igualdade indicou a importancia da necesidade de elaborar campañas dirixidas especificamente ás mulleres do ámbito rural, polo que é de interese impulsar e dinamizar o traballo que xa veñen desenvolvendo desde esta Federación no eido da igualdade de xénero, para así garantir o acceso á información de todas as mulleres rurais integradas nas diferentes asociacións.
- Te recomendamos -