Inicio Galicia A Xunta coñece de primeira man o labor de asistencia sanitaria levado...

A Xunta coñece de primeira man o labor de asistencia sanitaria levado a cabo no Hospital Español de Río de Janeiro

0

A Sociedade Espanhola de Beneficiencia puxo en marcha o Hospital Español no ano 1928


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, coñeceron esta mañá de primeira man o Hospital Espanhol de Río de Janeiro, que presta asistencia sanitaria de maneira gratuíta aos residentes sen recursos.

A Sociedade Espanhola de Beneficiencia puxo en marcha o Hospital Español no ano 1928, e conta con axudas do Goberno galego para levar a cabo axuda sanitaria aos españois residentes en Río de Janeiro, en especial das persoas sen recursos económicos.

Reunión co cónsul de España en BrasilDurante a xornada de hoxe, Rueda e Rodríguez Miranda mantiveron tamén unha xuntanza co cónsul xeral de España en Río de Janeiro, Luis Prados.

Durante o encontro, o vicepresidente e o titular de Emigración interesáronse pola situación da colectividade e das institucións españolas, e nomeadamente as galegas, de Rio de Janeiro. Os representantes do Goberno galego expuxeron, así mesmo, as liñas básicas da Estratexia Retorna 2020, o primeiro plan de repatriación de Galicia, aprobado o pasado 12 de abril e que recolle máis de medio cento de medidas para fomentar o regreso á comunidade dos galegos do exterior.

O documento, que conta cun investimento de máis de 235 millóns de euros de todos os departamentos da Xunta de Galicia, ten unha especial incidencia no Brasil, o segundo país do mundo con máis poboación galega e o terceiro do que máis galegos retornaron en 2017, 338, só precedido por Venezuela e Suíza. 


- Te recomendamos -