Inicio Galicia Un total de 20 persoas reciben formación en atención sociosanitaria e carpintería...

Un total de 20 persoas reciben formación en atención sociosanitaria e carpintería no obradoiro de emprego de Muras, Ourol e O Vicedo

0

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, inaugurou hoxe o taller e salientou que os participantes poderán obter un certificado de profesionalidade e mellorar así o seu perfil profesional


Muras (Lugo), 13 de novembro de 2018.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, inaugurou hoxe o obradoiro de emprego Terras do Sor II, que comparten os concellos de Muras, Ourol e O Vicedo. Durante os vindeiros nove meses, 20 alumnos traballadores recibirán formación nos ámbitos de atención sociosanitaria e traballos de carpintería e moble.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que que a Consellería de Economía, Emprego e Industria destina 288.800 euros a esta iniciativa, “que permitirá ao alumnado adquirir os coñecementos teóricos e prácticos para obter o certificado de profesionalidade nestas especialidades e mellorar así o seu perfil profesional”, apuntou. Esta iniciativa sumará ademais as contratación doutras cinco persoas para ocupar postos de dirección, administración e monitores (3).

A especialidade de ‘Traballos de carpintería e moble’ conta con 12 alumnos-traballadores (6 no Vicedo, 4 en Ourol e 2 en Muras), que elaborarán e instalarán elementos de madeira en espazos públicos dos municipios promotores. Principalmente, elaborarán indicadores de toponimia, así como bancos e outro mobiliario para centros sociais e locais de uso comunitario.

Leer más:  Los habitantes de Monterroso (Lugo), un pueblo con solo 3.600 habitantes, se muestran "felices" con la llegada de 126 migrantes de Mali

Así, en Muras está previsto actuar na antiga escola da Balsa, na casa do concello e no casco urbano. En Ourol, intervirase en varios centros sociais, entre eles o de Merille, e no casco urbano. No Vicedo, actuarase nos centros sociais de San Román, Cabanas e Riobarba. Neste concello tamén está proxectada a fabricación e instalación de mobiliario de madeira na oficina de turismo e de cubrecontedores de residuos nas rúas Cidade de Mondoñedo e Francisco Vilasuso. Por outra banda, na especialidade de ‘Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais’ participarán 8 persoas (5 no concello do Vicedo e 3 en Ourol), que desenvolverán as súas funcións na residencia de maiores ‘Betania’ de Viveiro.

Durante as últimas semanas puxéronse en marcha a práctica totalidade dos 20 obradoiros programados na provincia de Lugo. En total, involucran a 50 concellos, supoñen un investimento da Xunta de 5,5 millóns de euros e suman 472 contratacións. 


- Te recomendamos -