Inicio Galicia A AGASP acolle un curso de formación sobre resolucións penais dirixido a...

A AGASP acolle un curso de formación sobre resolucións penais dirixido a fiscais e letrados da Administración de Xustiza

0

Esta actividade inscríbese no convenio marco de colaboración asinado entre a Academia Galega de Seguridade Pública e o Centro de Estudos Xudiciais do Ministerio de Xustiza

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, e o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, inauguraron hoxe na sede da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o Taller práctico sobre recoñecemento de resolucións penais da Unión Europea.

Trátase dunha actividade formativa organizada en colaboración co Centro de Estudos Xudiciais do Ministerio de Xustiza, e que supón a materialización do convenio marco asinado entre este Centro e a AGASP.

O taller conta coa participación de 25 letrados da Administración de Xustiza procedentes de todo o territorio español, e de 2 fiscais. Durante dous días formaranse en materias como a liberdade vixiada, a orde europea de detención e entrega, o recoñecemento mutuo de resolucións sobre medidas de vixilancia alternativas á prisión provisional, o decomiso ou a orde europea de protección.

Desde o ano 2015, a AGASP acolleu distintas actividades de formación destinadas a preto de 200 maxistrados, xuíces e demais persoal da Administración de Xustiza.

Leer más:  El BNG reclama al Gobierno central que renueve y amplíe el parque móvil ferroviario de Galicia

- Te recomendamos -