Inicio Galicia Ethel Vázquez destaca a aposta da Xunta pola promoción do Museo de...

Ethel Vázquez destaca a aposta da Xunta pola promoción do Museo de Ferrocarril de Galicia, en Monforte de Lemos, mediante a achega dun investimento de 30.000 euros neste ano

0

Vázquez Mourelle explica que esta colaboración terá continuidade tamén en 2019, xa que os Orzamentos da Consellería do vindeiro ano reservan unha partida específica doutros 30.000 euros para a divulgación deste espazo

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o presidente da Fundación do Ferrocarril de Galicia e delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, asinaron hoxe o convenio de colaboración para promocionar o Museo do Ferrocarril de Galicia, en Monforte de Lemos, cunha achega de 30.000 euros neste ano por parte do Goberno galego.

Vázquez Mourelle explicou que esta colaboración terá continuidade tamén en 2019, xa que os Orzamentos da Consellería do vindeiro ano reservan unha partida específica doutros 30.000 euros para a divulgación deste espazo.

Indicou que o convenio ten como principal obxectivo apoiar o mantemento e a promoción do museo, que recolle un importante patrimonio industrial ferroviario.

Trátase dun centro único na comunidade, e mesmo en España, debido ao estado de conservación do seu material ferroviario e á singularidade de moitas das pezas que alberga.

Leer más:  El BNG reclama al Gobierno central que renueve y amplíe el parque móvil ferroviario de Galicia

Ethel Vázquez explicou que o seu departamento busca darlle un novo pulo a este espazo e divulgar o rico patrimonio que alberga entre a sociedade, en especial entre os máis cativos, para que coñezan a importancia do ferrocarril para o desenvolvemento de Monforte e de Galicia.

Animou ás familias a que se acheguen ao museo a desfrutar coa historia do tren na comunidade, de martes a domingo e tamén os festivos en horario de mañá e de tarde.

Subliñou que ao tempo que se promociona este museo como un espazo de ocio e aprendizaxe tamén se fomenta o uso do transporte público ferroviario e se suma un elemento máis para potenciar turisticamente toda esta zona.


- Te recomendamos -