As probas presenciais celebraranse os días 14, 15 e 16 de novembro nas aulas CeMIT de 41 concellos de toda Galicia
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de publicar a listaxe definitiva das 401persoas matriculadas para a realización das probas de avaliación para a obtención da certificación galega en competencias dixitais en ofimática (CODIX). Esta convocatoria, publicada no Diario Oficial de Galicia do pasado 13 de marzo, está orientada a aquelas persoas que xa posúen os coñecementos necesarios das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOfficeAs persoas admitidas poden consultar na web do CeMIT (http://cemit.xunta.gal) a súa data de exame asignada, centro e hora, así como as instrucións para a realización das probas. que se celebrarán o mércores, xoves e venres desta semana -días 14, 15 e 16 de novembro- nas aulas CeMIT dos seguintes 41 concellos: Abegondo, Ames, O Barco, Barreiros, Betanzos, Boiro, Brión, A Cañiza, Carballedo, Celanova, Cerceda, A Coruña, Cuntis, A Estrada, Fisterra, Guitiriz, Lalín, Leiro, Lugo, Marín, Moaña, Narón, Oroso, Ortigueira, Ourense, Padrón, Pontedeume, Pontevedra, O Porriño, Ribadeo, Sada, Santa Comba, Santiago de Compostela, Sarria, Tomiño, Valga, O Vicedo, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Vimianzo e Xunqueira de AmbíaPerfil das persoas a examinarEn canto ao perfil das persoas convocadas, a media de idade é de 38 anos; a maioría son mulleres, (298 mulleres e 103 homes); o 55% ten estudos superiores e un 32% Bacharelato ou FP-II; e o 93% dispón de ordenador e acceso a internet no seu fogar. Do total das persoas matriculadas, un 27% son demandantes de emprego.
Avaliación Para obter o CODIX é preciso superar un exame de 50 preguntas tipo test referidas aos contidos do Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade:• Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base• Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress • Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.• Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice CalcOs materiais formativos que compoñen estes cursos foron elaborados seguindo as boas prácticas e poden ser seguidos libremente na súa modalidade de autoformación e abertos todo o ano dentro da plataforma de teleformación da rede CeMIT http://cemit.xunta.es/ema, na que se poden atopar tanto os contidos específicos dos diversos módulos que compeñen o CODIX como diversos casos prácticos e test de exemploMáis de 1.500 prazas convocadas neste ano 2018Esta convocatoria forma parte do Plan de Formación da rede CeMIT para este ano 2018, que sumou un total de 1.531 prazas convocadas, e que terá a súa continuación no vindeiro ano con novas convocatorias de dous cursos de teleformación titorizada con exame final e dúas convocatorias de probas presenciais na modalidade autoformativa.
Dende a habilitación da rede CeMIT para a formación e avaliación dos contidos formativos do CODIX en maio de 2014, foron máis de 6.800 as prazas convocadas nas súas diferentes modalidades (1.930 en cursos de teleformación titorizada e 4.923 en probas presenciais de acceso libre) e máis de 2.800 as persoas que obtiveron a certificación emitida por parte da Amtega despois de superar as probas presenciais realizadas nas aulas da rede CeMIT.
A estes datos hai que engadir as mais de 300 actividades e cursos en ofimática en software libre que veñen realizando as diferentes aulas de forma presencial durante o último ano como preparación orientada á presentación para estas probas libres, así como os 2.500 accesos aos contidos específicos do CODIX aloxados na plataforma de teleformación a través de internet (http://cemit.xunta.es/ema) e abertos para ser consultados en calquera momento.
- Te recomendamos -