Inicio Galicia A Xunta aumenta nun 13% as horas dispoñibles no concello de Betanzos...

A Xunta aumenta nun 13% as horas dispoñibles no concello de Betanzos para a atención a dependentes nos seus domicilios

0

O Servizo de Axuda no Fogar (SAF) incrementouse este ano con máis de 5000 novas horas de prestación

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, recibiu hoxe á alcaldesa de Betanzos, María Barral Varela, coa que analizou as necesidades en materia social que ten ese concello coruñés. Perfecto Rodríguez destacou o incremento dun 13% das horas de axuda a domicilio postas este ano a disposición desta localidade.

En concreto, este aumento no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) foi de algo máis de 5000 horas, o que supón case 50.000 euros máis de investimento por parte da administración autonómica. Hoxe en día, Betanzos ten habilitadas mais de 43.800 horas cun investimento que acada os 425.000 euros. O xerente do Consorcio lembrou que entre este exercicio e o que vén se están a incrementar en máis de 1,5 millóns as horas de SAF habilitadas para os concellos galegos, o que permitirá incorporar a esta prestación a 3000 novos dependentes. Na xuntanza desta mañá, Perfecto Rodríguez e a alcaldesa de Betanzos tamén abordaron outros asuntos relacionados con programas e recursos en materia social que a Xunta de Galicia ofrece nese concello. Por exemplo, a escola infantil da rede autonómica A Galiña Azul, que no presente curso escolar mantén unha oferta de 74 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos.

Leer más:  Pontón pide al Partido Popular que deje de luchar contra el idioma gallego y opte por un amplio consenso a favor de la lengua

Betanzos participa tamén desde 2011 no programa Xantar na Casa, que na actualidade permite que 35 persoas que residen nese municipio e que non poden mercar produtos ou cociñar reciban diariamente a comida nas súas casas.


- Te recomendamos -