Inicio Galicia Máis do 82% dos fogares galegos ten contratado internet, preto dun...

Máis do 82% dos fogares galegos ten contratado internet, preto dun 5% máis que o ano anterior

0

Os datos do INE publicados hoxe sinalan que preto do 85% dos fogares con internet optan pola conexión móbil de banda larga, superando a media estatal


O 82,6% dos fogares galegos teñen contratado Internet, cun incremento do 4,8% con respecto ao ano anterior, superior ao crecemento do conxunto do Estado (3,6%), sendo nos concellos de 10.000 a 20.000 habitantes onde se rexistra o crecemento máis significativo (10,3% de aumento no último ano). Este aumento na contratación de Internet nos fogares galegos permitiu ascender 4 postos na comparativa autonómico en tan só un ano.

Son parte dos datos publicados hoxe polo INE sobre o equipamento e uso das TIC nos fogares en 2018, que recolle tamén que o 95,3% dos nenos/as galegos de 10 a 15 anos empregan Internet, superando a media estatal (92,8%) e ocupando a cuarta posición no ranking por Comunidades Autónomas.

Segundo a análise realizada polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), dependente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), as cifras confirman que os galegos/as de 16 a 34 anos superan a media estatal no uso habitual de Internet e as compras on line pero, ao mesmo tempo, tamén se están a producir incrementos significativos do uso das TIC entre os maiores galegos de 65 anos.

Leer más:  El BNG solicitará la comparecencia de Rueda por no permitir que Galicia tenga control sobre su presupuesto

Uso das TICOutro dos indicadores que experimenta un dos incrementos máis relevantes son as compras a través da Rede. Un 40,4% da poboación galega adquiriu algún produto ou servizo a través de Internet nos últimos tres meses, experimentando un crecemento do 25,9% respecto ao ano anterior fronte ao crecemento do 8,8% que experimenta a media estatal, Cabe salientar que un 62,7% dos mozos galegos de 16 a 24 anos compran a través de Internet, superando en 8 puntos a media estatal (54,7%)O 80,4% dos galegos e galegas de 16 a 74 anos utilizaron Internet nos tres últimos meses, cun incremento do 1,3%, con respecto ao ano anterior. Se ben, o uso de Internet é practicamente universal entre os menores de 34 anos, destaca o crecemento no tramo de idade dos 65 aos 74 anos, onde o uso da Rede sube un 8,6% respecto ao ano anterior.

Unha das conclusións positivas desta última enquisa do INE é a posición destacada da administración electrónica na Comunidade galega. Un 68,2% dos internautas galegos comunicáronse coas Administracións a través de Internet, experimentando un crecemento do 16,6% no último ano e superando a media estatal en 2,8 puntos. Isto sitúa a Galicia na terceira posición no ranking por Comunidades Autónomas.

Leer más:  Pontón pide al Partido Popular que deje de luchar contra el idioma gallego y opte por un amplio consenso a favor de la lengua

Tipo de conexión e hábitatSegundo os datos que ofrece o INE, o 82,6% dos fogares galegos ten contratado Internet. Respecto ao tipo de conexión, cabe salientar que entre as vivendas que dispoñen de acceso a Internet en Galicia, un 84,8% emprega unha conexión móbil de banda larga través dun dispositivo de man, superando a media estatal (83,6%).

Respecto aos datos relativos ao tamaño do hábitat, é salientable que nos concellos con poboación de entre 20.000 e 100.000 habitantes, a media galega iguala ou supera á estatal na contratación a Internet e a banda larga.

Por outra banda, nos concellos galegos de 10.000 a 20.000 habitantes, rexístrase un forte ritmo de crecemento dos indicadores relacionados coa contratación de Internet e de banda larga. Así, por exemplo, neste tipo de concellos a conexión de banda larga contratada en Galicia medrou un 10,3% e sitúase no 79,5%, acurtando a distancia coa media estatal en 4,6 puntos porcentuais.

Uso de TIC no traballoNesta edición, a enquisa do INE incorpora un módulo específico sobre o uso das TIC no traballo. Do total de internautas galegos que declararon traballar a semana pasada, o 65,6% utilizou ordenadores ou dispositivos móbiles, superando lixeiramente a media estatal (64,4%)As actividades máis realizadas polo menos unha vez á semana foron o intercambio de correos electrónicos ou introdución de datos en bases de datos (o 80,1%), a creación ou edición de documentos electrónicos (o 62,1%).

Leer más:  Un velero con tres tripulantes quedó sin timón después de una interacción con orcas en Fisterra y tuvo que ser remolcado

Pola súa banda, o 15,8% dos traballadores utilizaron outros equipos ou maquinarias automatizados como os utilizados en liñas de produción, de montaxe, distribución ou outros servizos (incluídos os dispositivos portátiles para o control de stock) 


- Te recomendamos -