Inicio Galicia Román Rodríguez clausura o XII Certame galego de bandas de música coa...

Román Rodríguez clausura o XII Certame galego de bandas de música coa entrega de premios ás formacións gañadoras

0

Baixo a organización da Federación Galega de Bandas de Música Populares e co apoio da Xunta de Galicia, o evento reuniu en Santiago de Compostela durante dous días a preto dun milleiro de instrumentistas de todas as idades


O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, clausurou hoxe en Santiago de Compostela o XII Certame Galego de Bandas de Música, un encontro que, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) co apoio da Xunta, reuniu durante dous días no Auditorio de Galicia a preto dun milleiro de músicos de 16 formacións procedentes das catro provincias.

O evento, que este ano incorporou como novidades a participación de bandas de carácter xuvenil e infantil, pechouse coa entrega dos premios do XI Concurso Galego de Composición e do XII Certame Galego de Bandas de Música. Román Rodríguez subliñou a importancia de “incorporar aos máis novos” a esta cita. Neste sentido, unha das principais novidades da presente edición é a inclusión de dúas novas categorías: unha para Bandas Infantís (agrupacións de máis de 25 músicos e até os 14 anos de idade) e outra para Xuvenís (con non máis de 50 músicos e até os 19 anos).

Leer más:  Ninguno de los municipios gallegos con zonas de gran afluencia prevé seguir a Santiago e implantar una tasa

O titular de Cultura quixo, ademais, felicitar ás 16 formacións participantes no certame, á Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) e ás distintas institucións colaboradoras polo seu traballo e compromiso a prol da celebración deste certame, “impulso e acicate ao traballo de tantas das bandas de música populares que hai na nosa terra”.

Así, as gañadoras desta edición do certame foron:  XII Certame Galego de Bandas de Música Categoría  


- Te recomendamos -