Inicio Galicia José González salienta que a Festa da Castaña e do Cogomelo de...

José González salienta que a Festa da Castaña e do Cogomelo de Riós beneficia a promoción dos produtos tradicionais galegos

0

O conselleiro do Medio Rural, José González, asistiu hoxe á XXIV Festa da castaña e do cogomelo da localidade ourensá de Riós. Alí salientou a relevancia que teñen este tipo de celebracións gastronómicas para enxalzar a calidade dos produtos tradicionais de Galicia, neste caso as castañas e os cogomelos.

O conselleiro, que estivo acompañado polo alcalde da localidade, Francisco Veiga, destacou que este evento, ademais de permitir a degustación dos produtos exaltados, incorpora tamén diferentes actividades. Entre elas, exposicións e actuacións musicais, así como a entrega da “Castaña de ouro”, que este ano recaeu no ex-presidente da Deputación Provincial de Ourense, José Luis Baltar Pumar, e na investigadora do eido forestal María Josefa Lombardero. 

Leer más:  El BNG solicitará la comparecencia de Rueda por no permitir que Galicia tenga control sobre su presupuesto

- Te recomendamos -