Inicio Galicia A Xunta pon en valor o labor altruísta da Protección Civil nunhas...

A Xunta pon en valor o labor altruísta da Protección Civil nunhas xornadas de convivencia na Fonsagrada

0

O director xeral de Emerxencia e Interior, Luis Menor, participou hoxe neste evento, no que reafirmou o apoio da Xunta a estas agrupacións

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, puxo hoxe e valor o labor altruísta que levan a cabo as agrupacións de Protección Civil e reafirmou o apoio da Xunta para que estas asociacións poidan seguir exercendo un papel fundamental na prevención e atención ás emerxencias.

Así o destacou hoxe durante as V Xornadas de Protección Civil da Provincia de Lugo que se celebraron na Fonsagrada, e nas que tamén participou o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

Esta xornada ten varias vertentes. Por un lado, a formativa, que se levará a cabo a través de diferentes ponencias sobre temas como a busca e orientación en terreos de montaña, o rescate en alta montaña, ou a xeolocalización con medios aéreos. Durante o evento tamén se exporá distinto equipamento de emerxencias, e rematará cun xantar de confraternidade para afondar nos obxectivos de cooperación e coordinación entre as distintas agrupacións.

A Xunta mantén durante os últimos anos un firme apoio ao labor de voluntariado de Protección Civil, a través de distintas liñas como a dotación de equipamento, a oferta formativa en temas de interese, ou axudas económicas para o funcionamento.

En concreto, nos últimos 4 anos as agrupacións de voluntarios e GES da provincia de Lugo recibiron da Xunta 23 vehículos todoterreo, 8 furgóns para transporte e loxística, 18 remolques, 7 embarcacións pneumáticas de salvamento e rescate, 10 esparexedores de sal, 1 remolque con carpa presurizada para Posto de Mando Avanzado, 1 remolque de salvamento, 11 pértigas e 45 traxes para control da vespa velutina, 3 coitelas quitaneves, 5 equipos de excarcelación e 42 DESA.

Actualmente, Galicia conta con 233 asociacións de voluntariado de Protección Civil, que suman un total de 4.600 voluntarios. Destas, 43 están na provincia de Lugo, cun total de 700 voluntarios. 


- Te recomendamos -