Inicio Galicia A Xunta investirá máis de 48.000 euros na mellora de reforzo do...

A Xunta investirá máis de 48.000 euros na mellora de reforzo do firme de distintos antigos tramos da estrada PO-400 en Crecente

0

As obras dispoñen dun prazo de execución de 2 meses, prevéndose o seu inicio na segunda quincena de novembro

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade acaban de adxudicar por máis de 48.000 euros as obras de mellora e reforzo do firme nos tramos antigos da estrada PO-400 Salvaterra de Miño – Filgueira, distribuídos ao longo do municipio pontevedrés.

Esta intervención do departamento de Infraestruturas dispón dun prazo de execución de 2 meses, estando previsto o inicio das obras na segunda quincena de novembro.

Esta actuación se enmarca no plan de reforzo de firme da Xunta, e permitirá mellorar os antigos treitos de estrada autonómica, que na actualidade seguen sendo moi utilizados polos veciños do municipio, xa que dan acceso ás vivendas particulares, fincas, núcleos e entronques con outros viais municipais. .

En concreto actuarase na mellora do estado actual de catro viais, dous situados en Mosteiro (Albeos), outro nun acceso en Pazo (Sendelle) e o último nun acceso en Parada (Rebordechán).

Nestes antigos tramos da PO-400 a intervención incluirá o reforzo da capa de rodadura actual e, no caso de ser necesario incluirá o bacheo previo e a execución de novo firme. A obra completarase coa limpeza e reperfilado de cunetas.

Leer más:  Se está investigando a un residente de Noia (A Coruña) después de descubrir una plantación de marihuana en una finca contigua a su casa

Está actuación completarase cunha segunda fase, na que se prevén obras de reforzo do firme noutros antigos tramos da estrada en Crecente, de acordo coas necesidades expresadas polo concello. 


- Te recomendamos -