Inicio Galicia Un total de 4.800 persoas desempregadas recibirán asesoramento, formación e prácticas a...

Un total de 4.800 persoas desempregadas recibirán asesoramento, formación e prácticas a través dos programas integrados de emprego impulsados pola Xunta

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe o PIE do Carballiño, unha iniciativa adaptada ás demandas laborais da zona na que na última edición participaron 85 alumnos

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe o programa integrado de emprego do Carballiño, Carbaemprega 2017, unha iniciativa na que colaboran o Concello e a Xunta e na que preto da metade dos 85 participantes conseguiron xa encontrar traballo. Segundo salientou Conde, iniciativas como a desenvolta no municipio ourensán teñen por obxectivo incrementar as oportunidades laborais das persoas desempregadas a través de actuacións que buscan a especialización grazas á posibilidade de combinar orientación e asesoramento con formación e prácticas.

En concreto, os participantes en Carbaemprega adquiriron coñecementos de soldadura, operacións básicas de restaurante e bar, atención sociosanitaria, manipulador de alimentos e operador de carretilla elevadora, eidos que, tal e como fixo fincapé o conselleiro, trataron de adaptarse ás demandas laborais da zona para lograr un maior grao de inserción. Durante a visita, o conselleiro anunciou que se lle dará continuidade a esta iniciativa cun novo programa integrado de emprego no Carballiño, que chegará a un cento de veciños e alcanzará, cando menos, un 45% de inserción.

Leer más:  El Ayuntamiento de Santiago ha formado la comisión negociadora de su primer plan de igualdad, la cual está presidida por la alcaldesa

No conxunto de Galicia, a Xunta vai desenvolver nesta nova convocatoria un total de 48 programas integrados que, cun investimento próximo aos 11 millóns de euros, chegarán a 4.800 desempregados. Así, coa participación de 58 concellos e 24 entidades, a Xunta sigue apostando pola colaboración para dar novas oportunidades laborais á cidadanía.

O conselleiro agradeceu a implicación do Concello do Carballiño, que forma parte dos 106 concellos emprendedores cos que conta Galicia, un distintivo que demostra o compromiso dos municipios para favorecer a captación de novos investimentos, e que lles permite ter prioridade en ordes de axuda como a dos propios programas integrados de emprego.

Francisco Conde apuntou que é necesario deseñar programas formativos que se axusten á realidade económica e social de Galicia, o que se está a favorecer a través de iniciativas impulsadas pola Xunta como os cursos de formación para desempregados, a formación á porta ou os obradoiros duais, que se activaron este ano por primeira vez. Unhas actuacións que están contribuíndo á hora de consolidar a recuperación no terreo laboral, e que fan posible que Galicia conte cunha taxa de paro do 12,24%, o que supón 2,25 puntos menos que hai un ano. Para seguir avanzando neste camiño, o ano que vén a Consellería de Economía, Emprego e Industria destinará 145 millóns de euros á formación.

Leer más:  Del Prestige a Pelegrín o la inacabable comisión de cajas: historia de las investigaciones políticas en el Parlamento

- Te recomendamos -