Inicio Galicia Comercio destina case 188.000 euros para a dixitalización e modernización de 24...

Comercio destina case 188.000 euros para a dixitalización e modernización de 24 comercios do Salnés

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que estas axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria teñen como obxectivo o impulso a modernización do comercio galego prestando especial atención a súa imaxe e a presentación do produto

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá os case 188.000 euros que a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, acaba de destinar ao comercio da comarca do Salnés co obxectivo da súa dixitalización e modernización.

O obxectivo destas axudas é impulsar a transformación dixital do sector comercial e artesanal de cara a súa adaptación ás novas tendencias do mercado e para que sexan un motor de crecemento das vilas galegas.

As axudas permitirán aos beneficiados, un total de 24 na comarca do Salnés (Cambados, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa e O Grove) implantar o actualizar páxinas web comerciais, mellorar a imaxe en liñas dirixidas á comercialización dos seus produtos, optimizar SEO, dispoñer de fotos de calidade profesional, implantar packaging para la venta en liña e implantar ferramentas de xestión e de redes sociais. Ademais, os comerciantes, con estas axudas, tamén poderán levar a cabo obras de reforma e acondicionamento integral da superficie de exposición e venta de local comercial, adquirir mobiliario, mellorar a fachada exterior, adquirir ordenadores e dispositivos móbiles, e poñer en marcha accións de publicidade.“O comercio”, explicou o delegado territorial, “é unha actividade en constante evolución, onde as novas tecnoloxías e os cambios nos hábitos de compra das persoas consumidoras exixen aos comerciantes unha constante actualización. En definitiva, os valores do comercio de proximidade cobran hoxe máis vixencia que nunca: a calidade, a cercanía, a atención personalizada e sobre todo, a imaxe”.

Leer más:  Feijóo se siente tranquilo ante la comisión de investigación gallega sobre varios contratos de la Xunta

Esta orde de axudas atópase incluída dentro do Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio Galicia 2015-20, que ten entre os seus retos, establecer un novo modelo de comercio intelixente que sitúe ao cliente no centro da súa estratexia, aproveitando todos os recursos a súa disposición.

Un dos obxectivos deste plan é impulsar a modernización do comercio galego prestando especial atención á imaxe e a presentación do produto.


- Te recomendamos -