Inicio Galicia A Xunta adxudica as obras de construción dunha glorieta de acceso á...

A Xunta adxudica as obras de construción dunha glorieta de acceso á depuradora de Guillarei, en Tui, cun investimento de máis de 245.000 euros

0

Esta actuación, que realizará a empresa Construcións Obras e Viais, ten por fin incrementar a seguridade viaria e dispón dun prazo de execución de 4 meses

A Xunta vén de adxudicar as obras para a construción dunha glorieta de acceso á depuradora de Guillarei, no Concello de Tui, cun investimento más de 245.000 euros.

Estas actuacións serán executadas pola empresa Construcións Obras e Viais, S.

A, (COVSA), cun prazo duns 4 meses.

A Xunta financia esta actuación co obxectivo de incrementar a seguridade viaria no treito que se corresponde coa estrada autonómica Guillarei- A Rañada (PO-404).

A intervención proxectada ten por obxecto a mellora da intersección existente no núcleo de Guillarei, no punto quilométrico 1+900 da estrada de titularidade autonómica, pola que se accede á depuradora e á praia fluvial, mediante a execución dunha glorieta.

A intersección actualmente ten visibilidade reducida, polo que non se permiten os xiros para os vehículos que proveñen da Rañada ou Caldelas de Tui cara á vía de acceso á depuradora, polo que a construción da glorieta mellorará a seguridade viaria nese punto e servirá para permitir maior seguridade en todos os xiros no cruzamento.

A glorieta terá un diámetro exterior de 32 metros e deseñarase de xeito que permita a continuidade do itinerario peonil e ciclista existente na vía de acceso á depuradora. Para isto, na marxe dereita, construirase un carril bici de 2,5 metros e unha senda de 2 metros, que prolongarán a infraestrutura existente.

Esta actuación complementarase coa instalación dos elementos necesarios para garantir a drenaxe axeitada e coa iluminación da glorieta. 


- Te recomendamos -