Inicio Galicia Ángeles Vázquez recibe os alcaldes de Riós e A Gudiña para coñecer...

Ángeles Vázquez recibe os alcaldes de Riós e A Gudiña para coñecer as súas demandas sobre rehabilitación de vivenda

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda recorda que no ano 2019 darase un pulo significativo á rehabilitación de vivendas e inmobles a través de iniciativas como o programa Rexurbe ou o programa para a rehabilitación de vivendas de mestres


A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, mantivo esta mañá unha reunión cos alcaldes de Riós e A Gudiña, Francisco A. Veiga Romero e José María Lago Cabo, respectivamente, que trasladaron á conselleira as súa demandas nesta materia. Durante o encontro, a responsable de Vivenda do Goberno galego trasladoulles as distintas liñas de actuación do departamento que dirixe en materia de rehabilitación de vivendas.

Vázquez Mejuto recordou que a semana pasada presentou en sede parlamentaria as contas do ano 2019 da Consellería, das cales o Instituto Galego de Vivenda e Solo destinará case 36 millóns de euros a través de diversos programas e modalidades de intervención en materia de rehabilitación. Unha das iniciativas máis salientables neste eido é o programa Rexurbe, dotado de 7,4 millóns de euros co fin de rehabilitar aqueles ámbitos degradados desde un punto de vista tanto arquitectónico como social co fin de volver convertelos nun motor para a súa contorna. Esta nova liña de acción pensada para axudar aos concellos a recuperar zonas e edificios degradado.

Leer más:  Rueda insiste en que será "muy reivindicativo" con la financiación: "No renuncio a lo que nos pertenece"

Tamén destacou unha partida para a rehabilitación dun importe de 9 millóns de euros, para axudar a particulares, comunidades de veciños ou promotores con actuacións dirixidas a conservar ou introducir melloras enerxéticas e de accesibilidade en edificios construídos.

Por outra banda, o alcalde de Riós trasladou o seu interese polo programa para a rehabilitación de vivendas de mestres. Vázquez Mejuto indicoulle que se trata dunha iniciativa que se iniciou en 2017, tras constatar que os pequenos concellos dispoñían en ocasións de inmobles da súa propiedade en desuso e que se podían acondicionar como vivendas con investimentos relativamente pequenos. Ao longo de 2019 o IGVS disporá de 1,6 millóns de euros para a posta en marcha de actuacións ao abeiro deste programa. 


- Te recomendamos -