Inicio Galicia Marta Míguez visita o estado final das obras realizadas nos concellos de...

Marta Míguez visita o estado final das obras realizadas nos concellos de A Bola e Castrelo de Val

0

No caso do concello da Bola, visitou as obras realizadas no campo de fútbol ‘Manolo Misto’ para mellorar a accesibilidade das súas instalacións e que contaron cun orzamento de 50.000 euros

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, visitou na mañá de hoxe os concellos ourensáns de A Bola e Castrelo do Val onde supervisou o estado das infraestruturas reformadas a tenor do convenio asinado o pasado mes de setembro de 2017 coa Deputación de Ourense para a realización de obras nas distintas instalacións deportivas da provincia. Segundo este convenio que conta cun orzamento de 1.027.658,57 euros, a Secretaría Xeral para o Deporte subvenciona 500.000 euros (400.000 na anualidade de 2017 e 100.000 na de 2018) e a Deputación Provincial de Ourense achega 527.658,57 euros na anualidade de 2018.

No caso do concello da Bola, a responsable do Deporte Galego visitou as obras realizadas no campo de fútbol ‘Manolo Misto’ para mellorar a accesibilidade das súas instalacións. Deste xeito, estas actuacións consistiron na mellora da edificación do estadio; a reforma na planta baixa, redistribuíndo os locais de sala de reunións, aseo, enfermería e lavandería; o acondicionamento da planta alta para albergar un aseo adaptado e dous aseos de uso público diferenciados por sexos reubicando o vestiario do árbitro e acondicionando as duchas para solucionar o problema de humidades e filtracións; a mellora da instalación de fontanería e desaugues; a instalación de novos sanitarios; a instalación dun sistema de ventilación mecánica; a dotación dunha instalación de alumeado de emerxencia e outra para a protección contra incendios, así como a colocación dun novo valado perimetral que garanta a seguridade do público e evite caídas. Estas actuacións contaron cun orzamento de 50.000 euros.

Leer más:  Los habitantes de Monterroso (Lugo), un pueblo con solo 3.600 habitantes, se muestran "felices" con la llegada de 126 migrantes de Mali

Pola outra banda, no concello de Castrelo de Val, a secretaria xeral visitou a pista de pádel recentemente construída tras as obras que contaron cun orzamento de 37.000 euros. Estas actuacións consistiron no movemento de terras, cimentación, instalación deportiva da pista de pádel (estrutura metálica, herba artificial, proxector para exteriores con equipo eléctrico incorporado e báculo con luminaria), instalación eléctrica e cartelería. Cómpre sinalar que, segundo os Orzamentos da Comunidade Autónoma, a Secretaría Xeral para o Deporte destinará neste 2018 unha contía de 3.485.313 euros para a construción e a mellora das infraestruturas deportivas de Galicia.

De cara ao novo exercicio orzamentario de 2019, a secretaria xeral avanzou que a Secretaría Xeral para o Deporte volverá a priorizar a construción e mellora das instalacións deportivas de Galicia, tanto propias como as de titularidade municipal, para continuar optimizando a rede de infraestruturas deportivas de Galicia. 


- Te recomendamos -