Santa Comba tamén participa noutro curso, concedido a Negreira con 20 alumnos, de promoción turística e construción e nun obradoiro de Garantía Xuvenil de conservación de montes con Negreira, A Baña e Val do Dubra
O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, asistiu en Santa Comba ao inicio dun dos 3 obradoiros nos que este Concello participa nesta convocatoria de 2018. Concretamente, participou no arraque do obradoiro “Conecta 2018” (con Mazaricos e Dumbría) de carácter dual e orientado ao montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión e á limpeza de superficies e mobiliario en edificios locais. Este curso conta cunha achega económica da Xunta de 288.000 eurosaEste concello tamén participa no obradoiro dual de Negreira “Xallas-Barcala-Dubra IV” (Santa Comba, A Baña e Val do Dubra) centrado na promoción turística local e información ao visitante e na formación en operacións auxiliares de revestimento continúo en construción. Ademais, é promotor do obradoiro de “Conservación e Mellora de Montes” con Negreira A Baña e Val do Dubra.
En total, nestes tres obradoiros a Xunta investirá máis de 730.000 euros ofertando en total 56 prazasOvidio Rodeiro destacou que “estes obradoiros forman para dun dos programas, xunto co Plan Galego de Formación 2018-2019 (AFD), da Consellería de Economía, Emprego e Industria con máis demanda porque a formación que se imparte vai acorde coas necesidades das empresas implantadas nos concellos nos que se realizan”. Neste senso, puntualizou “que o grado do integración laboral nos primeiros meses ronda o 60% polo que é moi interesante participar nos mesmos”. O delegado territorial animou a todos os asistentes “a traballar duro para aproveitar ao máximo esta oportunidade”.
O representante do goberno autonómico informou que os municipios da área de Santiago contarán en 2018 cun total de 11 obradoiros de emprego, 8 deles de carácter dual, onde participarán alumnos e alumnas de calquera idade e 3 de Garantía Xuvenil, para mozos e mozas menores de 30 anos. Mediante estas iniciativas a Consellería de Economía, Emprego e Industria investirá nesta área en políticas activas de emprego 2,6 millones.
Os 8 obradoiros duais, cada un con 20 prazas salvo o de Teo, que ten 8, terán lugar en Padrón, compartido con Rois e Dodro; en Negreira, compartido con Santa Comba, A Baña e Val do Dubra; no Pino, compartido con Arzúa; en Ordes, compartido con Frades e Mesía; en Melide, compartido con Boimorto; en Teo en Santiago de Compostela, compartido con Ames e en Santa Comba, compartido con Dumbría e Mazaricos.
Pola súa banda, os obradoiros do Sistema de Garantía Xuvenil, realizaranse en Santa Comba, compartido con Negreira, A Baña e Val do Dubra de 16 prazas; Rois, compartido con Padrón en Dodro de 10 prazas; e Santiago, compartido con Teo de 16 prazas.
Estes obradoiros permitirán que un total de 190 persoas desempregadas se formen nun oficio mentres realizan tarefas en beneficio de espazos e instalacións públicas. Os participantes recibirán un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado. A duración dos obradoiros xerais serán de 9 meses e os de Garantía Xuvenil de 6 meses.
A principal novidade é que os participantes nos obradoiros duais poderán combinar un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses, e terán despois a posibilidade de contar cun contrato en prácticas, de como mínimo tres meses máis, nunha empresa emprazada no mesmo ámbito territorial e cunha actividade vinculada ás materias do obradoiro. O obxectivo é seguir mellorando o emprego nos concellos galegos, especialmente os do rural, adaptando a oferta formativa ás súas demandas e necesidades de contratación.
A nivel provincial, os 38 obradoiros de emprego que se organizan na Coruña permitirán a formación de 682 alumnos-traballadores, grazas a un investimento de máis de 9,3 millóns de eurosOs obradoiros centraranse na realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibiliten un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral. Esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios recibirán formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos.
- Te recomendamos -