Inicio Galicia Ovidio Rodeiro destaca que os novos convenios da Consellería de Cultura e...

Ovidio Rodeiro destaca que os novos convenios da Consellería de Cultura e Turismo para a mellora da accesibilidade e sinalización deixarán en Carballo 13.500 euros

0

Este ano ampliáronse os conceptos subvencionables, incluíronse actuacións de embelecemento dos accesos, das contornas, dos Bens de Interese Cultural, xa declarados ou en proceso de selo e iniciativas de posta en valor turístico

A Xunta de Galicia investirá este ano 13.500 euros no concello de Carballo ao abeiro dos novos convenios da Consellería de Cultura e Turismo que teñen como finalidade o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural de cara á consolidación da oferta turística nas zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística.

As obras en Carballo consistirán na renovación dos sinais da ruta das Sendas do Mar e sinalización dos murais do proxecto “Derrubando muros”.

Cómpre lembrar que o Goberno galego ampliou este ano os fondos dirixidos a concellos, mancomunidades ou xeodestinos, entre outros, co obxectivo de afondar na colaboración coas administracións locais e mellorar as infraestruturas turísticas a través do seu embelecemento, a mellora da sinalización ou da accesibilidade, principalmente. Así, a liña para potenciar estes recursos incrementouse ata os 2,8 millóns de euros. Ademais, mentres que ata agora procedían de fondos europeos, agora pasan a ser fondos propios.

A esta nova inversión que se fará nesta área, a través destes convenios, hai que engadirlle os máis de 172.288 euros que recibe esta comarca ao abeiro da liña de axudas para acometer obras de mellora de accesibilidade, sinalización ou acondicionamento das súas infraestruturas turísticas a través das cales se realizarán actuacións en Cabana de Bergantiños, Camariñas, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Muxía, Ponteceso e Vimianzo.

A través destas dúas liñas de colaboración cos concellos a Consellería de Cultura e Turismo investirá nesta área 185.788 euros. 


- Te recomendamos -