José González recibiu ao alcalde para analizar diversos temas relacionados co sector forestal neste municipio ourensán
O conselleiro do Medio Rural, José González, recibiu esta semana ao alcalde do concello da Veiga, Juan Anta, para analizar diversos temas relacionados co sector forestal neste municipio ourensán. Así, analizaron os tratamentos de prevención de incendios forestais realizados nestes dous últimos anos na Veiga.
Entre tratamentos silvícolas e o acondicionamento de pistas e cortalumes, o departamento que dirixe José González investiu entre o ano 2017 e 2018 un total de 100.800 euros en máis de 55 hectáreas de terreo. A Consellería do Medio Rural mantén o seu compromiso na mellora das masas forestais existentes, con especial atención á consolidación dos bosques de frondosas caducifolias e sobreiras. Neste senso, destinou 7 millóns de euros para a convocatoria deste ano ás axudas para accións silvícolas de prevención.
Esta liña de axudas contempla a realización de tratamentos silvícolas preventivos de incendios forestais, tales como rareos en masas estables de coníferas con diámetro normal medio da masa inferior a 15 cm e cunha densidade inicial de 2.000 pés por hectárea. Tamén son subvencionables as rozas e podas en masas de coníferas, dirixidas á creación de descontinuidade tanto horizontal como verticalEstas accións preventivas realizadas pola consellería súmanse ás executadas pola brigada municipal que ten contratada en tempada de alto risco o concello da Veiga mediante o convenio marco de prevención de incendios. O propio conselleiro mostrouse agradecido de que este municipio tivese subscrito as tres liñas do convenio, pois a colaboración entre administracións é fundamental para protexer o patrimonio forestal.
Neste senso, o titular de Medio Rural tomou nota da solicitude do rexedor para poder renovar a actual motobomba. González comprometeuse a estudar dita petición, pois entende que é fundamental ter en condicións óptimas os medios materiais de loita contra incendios. De feito, a consellería renovou dende o ano 2009 un total de 55 motobombas para os distritos forestais e 42 para os concellos de Galicia. Aproveitamos forestais Noutra orde de cousas, ambos dirixentes analizaron tamén a posibilidade de estudar distintos proxectos de potenciación dos aproveitamentos forestais, tales como setas, resina e outro, co obxectivo de incrementar a xeración de emprego a través das posibilidades que ofrece o monte.
- Te recomendamos -