As axudas apostan por fortalecer o tecido empresarial, mellorar as infraestruturas da Comunidade e fomentar o emprendemento industrial
A Coruña, 27 de outubro de 2018.- A Xunta de Galicia está a investir 546.000 euros en obras en polígonos industriais de Arteixo, Bergondo, Cambre, Coirós, Culleredo e Oleiros. Estas inversións son posibles grazas a unha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Ovidio Rodeiro sinalou que con estas obras “a Xunta de Galicia mantén o seu compromiso co desenvolvemento industrial de Galicia, por iso a Consellería de Economía, Emprego e Industria está a facer un importante esforzo orzamentario para incrementar a dotación do programa de apoio aos parques empresariais”.
- Te recomendamos -