Inicio Galicia Feijóo gaba a traxectoria da Asociación de Empresarios do Deza e a...

Feijóo gaba a traxectoria da Asociación de Empresarios do Deza e a súa capacidade para combinar experiencia e innovación e converter os cambios en oportunidades

0

Incidiu en que a implicación dos emprendedores é esencial para garantir o avance de Galicia na vindeira década; unha Galicia que medra por terceiro ano consecutivo por riba do 3%


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, gabou hoxe a traxectoria da Asociación de Empresarios do Deza e a súa capacidade para combinar o saber e a experiencia, acumulados nestes 25 anos, coa capacidade para innovar e estar sempre á vangarda das capacidades técnicas, sen renunciar ás tradicións; ademais de saber ver os cambios como oportunidades.“Esta fórmula de saber facer, apoiándose nas últimas innovacións, pero sen renunciar as nosas tradicións é, sen dúbida, unha das claves do éxito dos pequenos e grandes proxectos empresariais da comarca”, aseverou, durante a gala do 25 aniversario da asociación.

Ao longo da súa intervención, Feijóo incidiu en que a implicación dos emprendedores é esencial para garantir o avance de Galicia na vindeira década. Unha Galicia cunha economía que medra por terceiro ano consecutivo por riba do 3%, e cuxas previsións para este ano e o que vén son seguir facéndoo por riba do 2,5% (este 2018 o 2,8%).

Así mesmo, lembrou que os datos da EPA do terceiro trimestre: con 20.700 ocupados máis que hai un ano; cunha taxa de paro que baixou ata o 12,2%, a taxa máis baixa desde 2009; con 34.700 contratos indefinidos máis que o ano pasado.

No tocante ás exportacións, o titular da Xunta subliñou que a Comunidade galega leva superando o seu récord de exportacións durante tres anos seguidos e vai camiño do cuarto, xa que neste 2018, ata agosto, as exportacións medraron un 9,5% respecto ao ano pasado. 


- Te recomendamos -