Inicio Galicia A Xunta colabora na mostra ?Galicia-Baviera. Wanderlust?, que reúne no Museo do...

A Xunta colabora na mostra ?Galicia-Baviera. Wanderlust?, que reúne no Museo do Pobo Galego a 33 relevantes artistas visuais

0

Hoxe inaugurouse esta exposición, conformada por arredor de 80 pezas representativas da arte actual e comisariada por Antón Sobral e Hubert Huber


O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices; o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez; o presidente do padroado do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi; e os comisarios, Antón Sobral e Hubert Huber inauguraron esta tarde no Museo do Pobo Galego a mostra de artistas Galicia-Baviera, Wanderlust.

Desde hoxe e até o vindeiro día 6 de xaneiro poderá contemplarse de balde nas salas de exposicións deste museo compostelán esta escolma de aproximadamente oitenta pezas de trinta e tres relevantes pintores e creadores visuais de ambas as dúas rexións, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia.

Na súa intervención, o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, explicou que “con esta mostra estreitamos os lazos que, desde o tempo das primeiras peregrinacións xacobeas, existen entre ambas rexións” e lembrou que desde o ano 1994 preto de cento vinte artistas e creadores bávaros e galegos participaron en diversas citas culturais como obradoiros, simposios, mostras, recitais e residencias. “Unha cifra ?concluíu o conselleiro? que medra nesta ocasión cos trinta e tres artistas, dezaseis alemáns e dezasete galegos, que colaboran na exposición.”O titular de Cultura incidiu na importancia de enriquecer a universalidade a través do cultivo da diversidade e sinalou tamén que Galicia-Baviera é unha mostra “centrada nas artes visuais, que afianza a relación de intercambio cultural establecida entre ambas rexións”, e supón “un paso significativo na promoción e difusión internacional da nosa arte actual.”Unha escolma plural da plástica de hoxe en díaCo fin de favorecer o intercambio cultural co exterior, a Xunta, o Parlamento de Galicia e o Museo do Pobo Galego colaboran na realización desta mostra que reúna pezas creadas por un total de trinta e tres recoñecidos creadores bávaros e galegos. Representantes de distintas xeracións e con diferentes intereses creativos, técnicas e traxectorias.

Pola banda de Baviera, os artistas convidados son Anja Kutzki, Bernd Huber, Felix Klee, Gerhard Mader, Helga Mader, Helmut Maria Neuwerth, Hubert Huber, Ilona Maier, Karin Hölzlwimmer, Marl, Michael Lauss, Otto Müller, Regina Schmidtmayer, Stefan Meisl, Verena Schönhofer e Waltraud Danzig.

Por parte galega participan Alex Vázquez, Alfonso Costas, Amelia Palacios, Antón Sobral, Carmen Hermo, Enrique Velasco, Jorge Valenciano, Manuel Gandullo, Maribel Longueira, Miguel Pereira, Pedro Bueno, Ruth Montiel Arias, Soledad Pite, Tino Canicoba, Tino Poza, Xosé Vázquez Castro e Xulio Gil.  


- Te recomendamos -