Inicio Galicia Medio Rural estudará a viabilidade de iniciar novas reestruturacións parcelarias no Concello...

Medio Rural estudará a viabilidade de iniciar novas reestruturacións parcelarias no Concello de Outes

0

O conselleiro recibiu á alcaldesa que trasladou esta petición dos veciños de Tarás e de San Cosme de Outeiro


O conselleiro do Medio Rural, José González, recibiu á alcaldesa de Outes, Beatriz Molinos, para abordar as necesidades do concello no eido rural. En concreto, a rexedora trasladou ao titular de Medio Rural o interese dos veciños en iniciar dúas novas parcelarias no municipio, unha en San Cosme de Outeiro e outra en Tarás, así como outros proxectos de mobilización de terras.

Neste sentido, José González e o director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, polo que estivo acompañado o conselleiro, indicáronlle o procedemento a seguir e os requisitos que deben cumprir para iniciar este novo proceso de reorganización territorial. Así mesmo, dende a consellería ofrecéuselle colaboración, co traslado de técnicos sobre o terreo, para valorar a viabilidade destas reestruturacións. González destacou a proactividade dos veciños deste municipio xa que buscan mobilizar terras agrarias, iniciativa que foi trasladada pola alcaldesa ao conselleiro.

Actualmente no concello de Outes existe unha parcelaria en fase de acordo, a de Outes-Valadares que beneficia a 932 propietarios. Abrangue unha superficie total de 1.369 hectáreas que estaban distribuídas inicialmente en 11.000 parcelas e pasaron a ser unhas 2.100. O investimento realizado por Medio Rural ata o de agora nesta reestruturación supera os 2,5 millóns de euros. Ademais, o concello ten entregados os títulos doutras cinco parcelarias, co que a superficie concentrada ou en proceso no municipio chega ao 21%.

Leer más:  Ninguno de los municipios gallegos con zonas de gran afluencia prevé seguir a Santiago e implantar una tasa

Limpeza de estradasRespecto ao ámbito forestal, o conselleiro trasladou á alcaldesa o compromiso de Medio Rural no acondicionamento de camiños para a loita contra os incendios forestais, abordando conxuntamente aquelas pistas que teñen máis prioridade á hora de actuar na súa limpeza, co obxectivo de gañar en seguridade en caso de lume. Neste sentido, cómpre destacar que o concello de Outes ten asinadas coa consellería as tres liñas do convenio de prevención e defensa contra os incendios forestais, polo que dispón dunha motobomba, de brigada de extinción e prevención e de subvención polas hectáreas rozadas.


- Te recomendamos -