Inicio Galicia A Xunta incide na importancia de promover a cultura da prevención para...

A Xunta incide na importancia de promover a cultura da prevención para xestionar de xeito eficaz os riscos laborais

0


O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, inaugurou hoxe no centro ISSGA de Lugo a xornada sobre Riscos laborais no almacenamento de produtos químicos, enmarcada na programación da Semana Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo e que contou con preto de 120 participantes. A xornada foi organizada co obxecto de informar aos profesionais da prevención, técnicos, empresarios e traballadores sobre a relevancia da xestión de substancias perigosas. Balseiro salientou a importancia de “promover unha cultura da prevención para xestionar de xeito máis eficaz os riscos laborais” e sostivo que “cada ano, a Axencia Comunitaria de Seguridade convídanos a reflexionar sobre o modo de fomentar lugares de traballo seguros e saudables”, un cometido fundamental, engadiu Balseiro, xa que no entorno laboral “o risco cero non existe”. Esta convocatoria encádrase dentro da programación anual do ISSGA de Lugo, cuxa oferta formativa inclúe xornadas técnicas sobre temas específicos de interese preventivo, entre outros cursos e actividades.


- Te recomendamos -