Inicio Galicia Infraestruturas inicia hoxe o reforzo do firme da PO-458 na parroquia de...

Infraestruturas inicia hoxe o reforzo do firme da PO-458 na parroquia de Bamio en Vilagarcía de Arousa

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou a posta en marcha destes traballos que terán un orzamento de case 48.500 euros e estarán rematados antes de finais de ano


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou esta mañá a posta en marcha, por parte da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, das obras de reforzo do firme do tramo da estrada de titularidade autonómica PO-192 (Bamio-PO-548), no Concello de Vilagarcía de Arousa.

O delegado estivo acompañado nesta visita polo xefe da Axencia de Infraestruturas en Pontevedra, Fausto Núñez.

Os traballos dispoñen dun prazo de execución de 2 meses e prevén actuar ao longo dos 3,4 km desta estrada, entre os puntos quilométricos 0+440 a 3+880, dentro do termo municipal.

A intervención do departamento de Infraestruturas da Xunta nesta estrada enmárcase dentro das actuacións que executa para a mellora da seguridade viaria, e neste caso o proxecto ten por obxectivo incrementar a resistencia do firme, dado que se teñen detectados na zona accidentes en forma de saída de vía.

Estas obras serán executadas pola empresa Microasfalt, S.

L.

U e inclúen a mellora da capa de rodadura e o pintado do eixe da calzada da estrada, así como a reposición da sinalización horizontal afectada pola intervención, completándose a mesma co fresado e reposición do pavimento nos lugares necesarios.

Trátase dun tramo duns 3.000 metros lineais, onde é necesario actuar para mellorar a seguridade viaria, “xa que se teñen detectados numerosos accidentes en forma de saída de vía neste punto”.

O orzamento é de case 48.500 euros, e o prazo de execución de dous meses, “polo que os traballos estarán rematados, se o tempo o permite, antes de finais deste ano”.

Segundo explicou o delegado territorial, esta actuación é un claro exemplo do esforzo da Xunta por manter a rede de estradas autonómicas nas mellores condicións e que está a desenvolver a través do Plan de reforzos de firme. Unha aposta do Goberno galego pola conservación das estradas de titularidade autonómicas e polo incremento da seguridade viaria, que ten o seu reflexo nos orzamentos de 2018, cun incremento moi importante na súa dotación, pasando de 15 a 20 millóns de euros.“Estes investimentos demostran que para a Xunta a seguridade das estradas e a súa conservación son materias absolutamente prioritarias”, engadiu Cores Tourís, “porque estamos a falar da vida das persoas e non hai nada por enriba diso. E, neste senso, para a Xunta de Galicia, ten tanta relevancia a execución de novas estradas como a conservación en bo estado das que existentes”. Explicou que a Consellería de Infraestruturas está a realizar tamén importantes esforzos tamén a través do Plan de Seguridade Viaria 2016-2020 e, máis concretamente, en materia de conservación de estradas, con actuacións que non só se limitan ás tarefas ordinarias de conservación, senón que ademais se complementan con este tipo de obras de conservación extraordinarias. En definitiva, concluíu, a Xunta segue a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.  


- Te recomendamos -