Inicio Galicia A Xunta inicia as obras de reforzo do firme na travesía de...

A Xunta inicia as obras de reforzo do firme na travesía de Bamio, no concello de Vilagarcía, cun investimento de máis de 48.000 euros

0

Os traballos dispoñen dun prazo de execución de 2 meses e prevén actuar ao longo dos 3,4 km do tramo de estrada de titularidade autonómica

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inicia hoxe as obras de reforzo de firme na travesía de Bamio, no tramo da estrada de titularidade autonómica PO-192 (Bamio-PO-548), no Concello de Vilagarcía de Arousa, cun investimento de máis de 48.000 euros.

Os traballos que se poñen en marcha dispoñen dun prazo de execución de 2 meses e prevén actuar ao longo dos 3,4 km desta estrada, entre os puntos quilométricos 0+440 a 3+880, dentro do termo municipal.

A intervención do departamento de Infraestruturas da Xunta nesta estrada enmárcase dentro das actuacións que executa para a mellora da seguridade viaria, e neste caso o proxecto ten por obxectivo incrementar a resistencia do firme, dado que se teñen detectados na zona accidentes en forma de saída de vía.

Estas obras serán executadas pola empresa Microasfalt, S.

L.

U e inclúen a mellora da capa de rodadura e o pintado do eixe da calzada da estrada, así como a reposición da sinalización horizontal afectada pola intervención, completándose a mesma co fresado e reposición do pavimento nos lugares necesarios.

Leer más:  Incautan 104 litros de licor sin etiquetar escondidos en bidones de plástico en un bar de Santa Comba (A Coruña)

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade continúa traballando na mellora de rede viaria autonómica co obxectivo de proporcionar unhas estradas cómodas e seguras e potenciar o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos. 


- Te recomendamos -