Inicio Galicia A Xunta e o concello de Ponteceso reforzan a súa colaboración para...

A Xunta e o concello de Ponteceso reforzan a súa colaboración para mellorar as infraestruturas rurais

0

O conselleiro reuniuse esta tarde en San Caetano co alcalde para coñecer as demandas e necesidades dos veciños deste municipio coruñés


O conselleiro do Medio Rural, José González, recibiu esta tarde en San Caetano ao alcalde do concello de Ponteceso, Xosé Lois García, para coñecer de primeira man as necesidades e demandas deste concello coruñés relacionadas co agro.

En concreto, ambos dirixentes analizaron as actuacións levadas a cabo en materia de infraestruturas rurais, co fin de mellorar a calidade de vida dos habitantes da zona. Neste senso, González destacou os case 115.000 euros que se investiron nos dous últimos anos no municipio a través do Plan marco de camiños municipais. Procedeuse á reparación e asfaltado de viarios nos lugares de Ourada, Riotorto e A Garga cun orzamento de 54.582,30 euros; mentres que as actuacións levadas a cabo nas parroquias de Anllóns, Pazos e Tella supuxeron un investimento de 60.344 euros.

Precisamente, co fin de seguir traballando nesas melloras, o conselleiro tomou nota da solicitude realizada polo rexedor municipal para levar a cabo novas obras nas parroquias de Nemeño e Brantua. González comprometeuse a estudar dita petición.

Leer más:  Se está investigando a un residente de Noia (A Coruña) después de descubrir una plantación de marihuana en una finca contigua a su casa

O Plan marco 2018 está dotado cun orzamento de 15,9 millóns de euros e permite arranxar vias en todos os concellos de Galicia. As actuacións son supervisadas pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e permiten traballar nos camiños rurais, quedando excluídos os dos núcleos urbanos. Os municipios da provincia da Coruña beneficiáronse de case 5 millóns de euros nesta convocatoria.

Reforzo na loita contra os lumesNoutra orde de cousas, o alcalde solicitoulle ao titular de Medio Rural a cesión temporal dun vehículo motobomba fóra da tempada de alto risco para cubrir as necesidades do Grupo de Emerxencia Municipal do concello e así reforzar a loita contra os incendios forestais. 


- Te recomendamos -