Inicio Galicia As Axencias de Emerxencias e Infraestruturas suman esforzos para incrementar a capacidade...

As Axencias de Emerxencias e Infraestruturas suman esforzos para incrementar a capacidade de resposta ante episodios de meteoroloxía adversa

0

Así o manifestaron os responsables de senllos organismos autonómicos durante a visita esta mañá dunha trintena de técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas ao CIAE 112 Galicia


As Axencias de Emerxencias e Infraestruturas converxen na importancia de aumentar a capacidade de resposta ante episodios de meteoroloxía adversa. De aí, o compromiso de senllos organismos adscritos á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade de seguir avanzando na coordinación e integración dos sistemas de xestión das incidencias ocasionadas polos fenómenos adversos na rede viaria galega. Así o manifestaron esta mañá os responsables de ambos as dúas entidades autonómicas durante a visita dunha trintena de técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, na Estrada.

Deste xeito, segundo explicou o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo, ambas entidades progresan no camiño iniciado para a confluencia e integración de senllas plataformas de xestión co fin de garantir a comunicación e intercambio de información útil para facer fronte ás situacións de risco provocadas polos fenómenos adversos.

Igualmente, Araújo sinalou que esta aposta materializarase coa futura instalación nos centros de operatividade da AXI da versión remota da plataforma para a xestión das emerxencias co obxectivo de ampliar o coñecemento sobre o estado das estradas da Comunidade e facilitar a intervención dos servizos de emerxencias nas situacións que se requiran.

Para acadar este obxectivo, o compromiso dos responsables de ambos organismos é fixar unha serie de encontros nos que seguir perfilando e concretando estas accións encamiñadas a estreitar aínda máis a cooperación entre entidades e ofrecer unha resposta eficaz á cidadanía.


- Te recomendamos -