Inicio Galicia A Xunta destaca o labor de Misela en prol das persoas con...

A Xunta destaca o labor de Misela en prol das persoas con discapacidade

0


O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, visitou esta mañá as instalacións do centro de día e ocupacional da Asociación Misela, dedicada á atención das persoas con discapacidade das comarcas de Noia e Muros, coa finalidade de coñecer en primeira persoa o funcionamento desta entidade.

O director xeral reiterou o compromiso da Xunta coas persoas con discapacidade e as súas familias e gabou o traballo diario da entidade na procura da promoción da autonomía e a integración real na sociedade deste colectivo. 


- Te recomendamos -