Inicio Galicia Fabiola García anuncia que o orzamento destinado a prazas públicas de discapacidade...

Fabiola García anuncia que o orzamento destinado a prazas públicas de discapacidade na provincia de Lugo crecerá un 6%

0

Gaba “o importante labor que fan nos seus centros as entidades como Aspnais, San Vicente de Paúl, Aspanane, Cogami, Fudace e Prodeme, entre outros moitos”, ademais do traballo da asociación de persoas con TEA Raiolas


A conselleira de Política Social, Fabiola García, avanzou hoxe que no Proxecto de lei de Orzamentos para o ano 2019 está recollido un crecemento do 6% nos fondos destinados a prazas públicas de discapacidade na provincia de Lugo. Para o conxunto de Galicia, os orzamentos destinados ás persoas con diversidade funcional incrementaranse preto dun 3%.

En resposta a unha pregunta do Grupo Parlamentario de En Marea, a conselleira gabou “o importante labor que fan nos seus centros as entidades como Aspnais, San Vicente de Paúl, Aspanane, Cogami, Fudace e Prodeme, entre outros moitos”, ademais de poñer en valor o traballo dos profesionais do Centro público de Atención ás Persoas con Discapacidade (CAPD) de Sarria. Fabiola García tamén subliñou o compromiso da asociación de persoas con TEA Raiolas, co que a Xunta colabora no cofinanciamento dun programa sociosanitario e doutro de información, orientación e apoio psicosocial para os familiares coidadores de persoas con TEA, ademais dun protocolo de colaboración en materia educativa.

Leer más:  Del Prestige a Pelegrín o la inacabable comisión de cajas: historia de las investigaciones políticas en el Parlamento

Ademais, na provincia de Lugo existen 822 prazas de atención á discapacidade sostidas con fondos públicos, un 37% máis que en 2009, ademais de cinco unidades de atención temperá, incluíndo as dúas que ofrece o Sergas en Lugo e Burela.

A conselleira tamén recordou os importantes avances que se produciron en materia de discapacidade desde o ano 2009. O número de prazas incrementouse un 25% ata as 5438 que hai hoxe, mentres que o orzamento subiu máis dun 58%. Ademais desta mellora cuantitativa, a nivel cualitativo realizáronse importantes avances, como a creación da Rede Galega de Atención Temperá, cuxas 16 unidades xa dan servizo a 92 concellos galegos. Ademais, no caso das persoas con TEA creáronse protocolos específicos de actuación no sistema educativo, asináronse convenios de colaboración con diversas entidades sociais e instaláronse pictogramas no Edificio Administrativo de San Caetano. “As persoas con autismo necesitan de profesionais cualificados que as estimulen, as formen e as axuden a ser máis autónomas”, afirmou Fabiola García.

Leer más:  El PSdeG pide a la Xunta un Plan de Formación adicional para los profesionales de la salud

Avances pendentesA conselleira fixo fincapé en que “aínda queda moito por facer” en materia de discapacidade, pero chamou a recoñecer que Galicia está “avanzando polo camiño correcto”. Lembrou, por exemplo, que nos últimos meses se introduciron melloras como unha importante axilización dos procesos de valoración da discapacidade e un reforzo do 74% no número de equipos. “Pódolles asegurar que estas melloras seguirán chegando”, rematou. 


- Te recomendamos -